Conversa Wikipedia:Votacións/Definición de administradores da interface e enmendas en relación ós administradores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Administradores da interface[editar a fonte]

Non me convence a separación deste tipo de administradores xa que penso que non é necesaria. Para min os administradores deben ter permisos para editar tódalas páxinas do sistema, en calquera momento pode ser preciso que calquera deles teña que facer algún tipo de modificación técnica e se non hai outro dispoñible podería haber un problema no funcionamento da Galipedia. Este tipo de administradores é de utilidade nas wikis grandes onde teñen centos de administradores, pero este non é o noso caso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 22:34 (UTC)

Para ser administrador da Wikipedia non hai que ter coñecementos de programación, só hai que familiarizarse coas ferramentas que fornece o sistema MediaWiki, igual que un enxeñeiro pode non saber nada de informática pero pode familiarizarse cun programa de AutoCad ou un contable non ter nin idea de informática máis aló de traballar con datos en follas de cálculo e documentos de texto. Unha mala edición por descoñecemento dun CSS ou dun JS que afecte a toda a Wikipedia pode supoñer un problema grave, o cal é precisamente o motivo de que se crease o grupo separado. É un concepto de seguridade informática básico que se coñece como principio do menor privilexio, no que se define que os usuarios dun sistema só deben ter os permisos mínimos necesarios para realizar aquelo que coñecen e precisan, sen dar máis permisos innecesarios que nunca van a empregar e que supoñen riscos de seguridade. En canto ó de que se non hai ningún administrador de interface dispoñible nun momento determinado pode haber un problema, para iso están os editores de interface globais, só hai que contactalos se se da o caso. Banjo tell me 2 de agosto de 2018 ás 22:54 (UTC)
Si, coñezo toda esa teoría de seguridade informática, pero sigo pensando que para a nosa pequena Wikipedia este sistema non é práctico. Os administradores que non saiban andar nas páxinas de Mediawiki non o farán de forma habitual, pero algunhas cousas doadas sempre as poden aprender, por exemplo, cambiar o logotipo da Galipedia, para facer iso tan só teñen que revisar o historial e copiar o que xa se fixo outras veces (ou incluso pode engadirse unha boa explicación na páxina de conversa). Ah, e acabo de lembrarme da páxina MediaWiki:Sitenotice, esta páxina tamén terá a súa edición restrinxida ós administradores de interface? Entendo que si xa que é do espazo MediaWiki, non Banjo? Pois se isto é así está claro que non se pode aplicar esta restrición, calquera administrador pode ser capaz, se realmente o precisa e ten interese, de modificar esa páxina. E é posible que calquera administrador teña necesidade de modificala en calquera momento. Non é práctico para nada ter que depender de terceiros usuarios, e moito menos usuarios que están noutras wikis e falan outras linguas, iso réstanos capacidade de actuación como administradores e como Wikipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de agosto de 2018 ás 08:20 (UTC)
Un usuario que non sabe editar un codigo non debe ter acceso para editalo. Ese é precisamente o motivo do novo grupo, é un concepto básico de seguridade en calquera ámbito. O logo cámbiase como moito duas veces o ano, e só se hai consenso. Para iso, se non hai un admin de interface nese momento ben vale pedirllo os editores globais da interface. Non entro a valorar o uso inaxeitado continuo do sitenotice, diso xa se falou noutras ocasion, pero para cando se precise realmente, chegado o caso de aprobar esta proposta, sería tan doado como facer un modelo protexido e deixalo nesa paxina, os admins poderian editar o modelo e poñer o cartel sen maior problema. Non resta capacidades cando os poucos que teñan interese e capacidades para cando editar código poderán solicitar este permiso. O 99% de mensaxes de mediawiki traducense e editanse en translatewiki, onde non fai falla permisos especiais. As poucas que temos definidas localmente son prácticamente a tódolos efectos estáticas. Restaselle capacidades a administradores que nunca puxeron en practica uns permisos específicos, ben por falta de coñecementos ben por falta de interese nese ambito. Estou desde mobil, excusade typos Banjo tell me 3 de agosto de 2018 ás 21:52 (UTC)