Every Breath You Take
"Every Breath You Take" é unha canción de The Police que describe unha relación de acoso.[1] Forma parte do álbum Synchronicity de 1983 e acadou un grande éxito.
Orixe e composición
[editar | editar a fonte]A canción foi escrita por Sting no colapso do seu matrimonio con Frances Tomelty. Aínda que a simple vista pode parecer unha canción romántica, en realidade fala dunha persoa controladora e sinistra que está observando "cada respiración que tomas, cada movemento que fas" (every breath you take; every move you make).
Espertei en metade da noite con esa liña na cabeza, sentei ao piano e escribíraa en media hora. A melodía en si mesma é xenérica, un agregado de centos doutras, mais a letra é interesante. Parece unha canción de amor reconfortante. Nese momento non me decatei do sinistra que era. Creo que estaba pensando no Grande Irmán, vixilancia e control.
Sting dixo máis tarde que quedara desconcertado ao ver canta xente tomaba a canción como moito máis positiva do que en realidade era. El insiste en que é acerca do amor non correspondido, sobre a obsesión co amante perdido, os celos e a vixilancia que lle seguen. "Unha parella, díxome unha vez: 'Oh, encántanos esa canción; escollémola para que soase na nosa voda!' e eu pensei 'Ben, boa sorte.' Creo que é unha canción moi, moi fea e sinistra e que a xente a confundiu cunha pequena e doce canción de amor."[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Campos, Rosa (2017). Invisibles. Relatos do maltrato. Edicións matriarcas. p. 219. ISBN 978-84-697-7284-3.
Tamén é fermoso escoitar a Sting cantar Every breath you take, e non obstante é unha canción que describe claramente unha relación de acoso.
- ↑ "Interview Data: Maio 1993". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 23 de abril de 2018.
- ↑ "Song Library: Every Breath You Take". BBC Radio 2. Consultado o 8 de xullo de 2009. (Spoken in the second Sting audio clip.)
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|