Movemento feminista en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deseño para a Marcha Mundial das Mulleres de 2018 de Vigo

O movemento feminista en Galicia forma parte dun movemento global de índole política, cultural, económica e social co obxecto de procurar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres a escala mundial, se ben pon o foco no ámbito galego. A tese máis estendida sitúa a súa nacenza como movemento organizado, o feminismo, no periódico histórico que, no ámbito estatal, se denomina transición[1] dentro da segunda onda do feminismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Protesta feminista en Santiago de Compostela

O inicio do movemento organizado de mulleres en Galicia está moi ligado ao antifranquismo, a Asociación Galega da Muller fundouse en 1975[2] nun contexto mundial no que a ONU declarara o ano internacional da muller[2][3] e no que no ámbito estatal en decembro en Madrid se planificaran as primeiras xornadas de liberación da muller.[2]

Anterior a AGM estaba o MDM e dunha fractura de AGM organizouse a FIGA.[2]

En 1986 xurdiu MNG, inicialmente de mulleres do BNG, con dúas frontes: a antipatriarcal e a nacionalista.[2]

Entre as revistas importantes do movemento feminista en Galicia encádranse Andaina e a Festa da Palabra Silenciada e entre as activistas na historia do feminismo galego sitúanse Nanina Santos, do equipo de redacción de Andaina, María Xosé Queizán, impulsora de Festa da Palabra Silenciada, Luísa Ocampo, de Mulheres Nacionalistas Galegas e Lupe Ces, impulsora nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amaia Mauleón (18 de marzo de 2010). "Feminismo en tierra gallega". Faro de Vigo. Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Historia do movemento feminista galego. Debate feminista na Casa das Mulleres Xohana Torres". tm.santiagodecompostela.gal. 2018-04-18. Consultado o 2020-09-02. 
  3. "Conferencias mundiales sobre la mujer". ONU Mujeres (en castelán). Consultado o 2020-09-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.