Mary Beth Edelson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mary Beth Edelson
Nome completoMary Elizabeth Johnson
Nacemento6 de febreiro de 1933
Lugar de nacementoEast Chicago
Falecemento20 de abril de 2021
Lugar de falecementoOcean Grove
CausaAlzhéimer
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Nova York, School of the Art Institute of Chicago, DePauw University e Steinhardt School of Culture, Education, and Human Development
Ocupaciónartista, debuxante e fotógrafa
Coñecida porSome Living American Women Artists
editar datos en Wikidata ]

Mary Beth Edelson, nada en East Chicago, Indiana, o 6 de febreiro de 1933 e finada o 20 de abril de 2021,[1] foi unha artista estadounidense, pioneira do movemento feminista, considerada unha das primeiras artistas feministas da súa xeración. Tamén colaborou de forma activa no movemento polos dereitos civís. Ao longo da súa carreira artística creou pinturas, fotografías, collages, murais e debuxos. Eldeson foi pintora, gravadora, ilustradora de libros, fotógrafa e artista performer. Os seus traballos foron mostrados en museos como o MoMA e o Smithsonian.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Mary Beth Johnson naceu en East Chicago, Indiana, en 1933. Os seus pais alimentaron o seu interese pola arte e o activismo, o cal comezou cando tiña apenas 14 anos.[2][3] Tivo dous fillos: unha filla do seu segundo matrimonio e un fillo do seu terceiro matrimonio con Alfred H. Edelson. Robert Stackhouse, tamén artista, viviu con Mary Beth Edelson durante 27 anos no seu estudio/vivenda no Soho, despois do seu terceiro matrimonio.[4]

Viviu en Nova York a mediados dos anos 50, tras o que se trasladou a Indianapolis, onde adquiriu unha galería de arte que mantivo até 1968, data na que se mudou a Washington, D.C. Nos anos 70 regresou a Nova York.[4][5]

Educación[editar | editar a fonte]

De 1951 a 1955, Edelson acode a DePauw University en Greencastle, Indiana, tempo durante o cal tamén estuda na Escola do Instituto de Arte de Chicago (1953–1954). Os seus traballos exhibíronse en 1955 nunha exposición para o alumnado que se ía graduar. Unha das súas pinturas estivo considerada impropia para o clérigo e os nenos pequenos. Púxose en cuestión a súa obra e quíxose retirar da mostra pola posición de membros da facultade, o que derivou nunha serie de protestas dentro da propia universidade.[2]

Tras graduarse na Escola do Instituto de Arte de Chicago, múdase a Nova York, onde se matricula no programa de licenciatura da Universidade de Nova York. En 1958 recibe o seu título de Mestrado en Arte.[2]

Movemento feminista e movemento polos dereitos civís[editar | editar a fonte]

Na segunda metade dos anos 50, comeza a formar parte de maneira activa no movemento feminista emerxente así como no movemento polos dereitos civís.[6] En 1968 estabelece a primeira Conferencia en EE.UU para Mulleres nas Artes Visuais en Washington, D.C.[6] En 1968 estabelece a primeira Conferencia nos EE.UU para Mulleres nas Artes Visuales en Washington, D.C.[6]

Chrysalis e as Heresies Collective, incluíndo a publicación de Heresies, fundáronse en parte debido aos seus esforzos. Traballou co Comité a favor da Diversidade e Inclusión e a coalición de Acción das Mulleres, onde foi directora entre 1992 e 1994.[7][8]

Edelson foi membro do Title IX Task Force, formado para aumentar a presenza de mulleres pintoras e escultoras nos museos, baseado no Acto polos Dereitos Civís de 1964 que rexeita as organizacións federais fundadas grazas á discriminación de sexo. O grupo, formado en 1998, arquivou unha queixa á Dotación Nacional para as Artes contra o Museo de Arte Moderna, o Museo Guggenheim e o Whitney Museo de Arte Americana.[9]

Foi activa en ambos os movementos durante a súa madurez.[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

Edelson creou a súa obra dentro da arte conceptual e feminista realizando esculturas de bronce, pinturas, collages, impresións, caixas de recordos e bosquexos. As súas pinturas inclúen retratos e murais. Foi tamén fotógrafa, book artist e artista de performance.[2][4]

Movemento de arte feminista[editar | editar a fonte]

Está considerada parte da "primeira xeración de artistas feministas", un grupo que tamén inclúe a Rachel Rosenthal, Carolee Schneeman e Judy Chicago. Eran parte dun movemento europeo e estadounidense que desenvolvía a arte e escritura feministas.[10] Na década dos 70 as súas pinturas, collages e performance formaron o seu interese polo movemento de arte feminista. Os temas comúns deste movemento incluían o cuestionamiento do poder e a autoridade dos homes e a exploración da función social das mulleres.[2] A galería de arte feminista, A.I.R. Gallery, fundada en 1972, albergou exposicións do traballo de Edelson, incluíndo a súa participación nas Heresies Collective, durante os seus inicios.[11][12] Axudou a crear as Heresies Collective e foi membro desta galería feminista.[4]

Estivo implicada na exposición itinerante "WACK! Art of the Feminist Revolution" entre 2007 e 2009, a cal estivo comisariada por Connie Butler.[4]

Some Living Women Artists / Last Supper[editar | editar a fonte]

En 1972 Edelson utilizou unha imaxe do fresco da Última Cea de Leonardo da Vinci para crear Some Living Women Artists / Last Supper. Utilizou a técnica do collage para engadir artistas mulleres notábeis substituíndo os homes que aparecían na pintura de Da Vinci, a cal se converteu rapidamente "unha das imaxes máis icónicas do movemento de Arte Feminista." A cabeza de Xoán o Bautista estivo cuberta por Nancy Tumbas e Cristo por Georgia O´Keeffe. Acometeu contra a función que a sociedade e a relixión tivo na subordinación das mulleres. Proposals for: Memorials to the 9,000,000 Women Burned as Witches in the Christian Era, unha peza performática que realizou en 1977, tivo o mesmo obxectivo.[2] O MoMA de Nova York adquiriu o traballo orixinal feito por Edelson, xunto con catro carteis de collage orixinais desta serie.[4][13]

Story Gathering Boxes[editar | editar a fonte]

Story Gathering Boxes é unha obra en continuidade, participativa que iniciou en 1972. Cada peza desta serie consta dunha caixa, con catro espazos, feita de madeira de chopo. Cada espazo contén papel ou cartóns de madeira. A imaxinaría dos cartóns de madeira e os seus temas céntranse principalmente na espiritualidade, o xénero e os relatos baseados en deusas. As imaxes foron creadas sen necesidade de técnicas mixtas como a pintura e o coiro. Os cartóns de papel conteñen apuntamentos, convidando os espectadores a contribuír con historias persoais en varios temas, como o xénero, a violencia doméstica ou a inmigración. Esta serie democratiza o acceso á arte ao deixar os espectadores participar na creación dunha narrativa colectiva.[14][15]

Metáfora da deusa[editar | editar a fonte]

A deusa aparece dentro dos seus traballos a finais dos 70, representando a posesión do poder das mulleres para controlar as súas vidas. Utilizou a súa propia imaxe para crear novos e poderosos personaxes, reais ou ficticios. En 1975 creou Goddess Head, unha das súas fotomontaxes. The National Museum of Women in the Arts comentou sobre os seus traballos: "As súas performances site-specific ou 'rituais', que manteñen de forma inversa ambas as esferas privadas e públicas, esfórzanse en crear unha espiritualidade feminina nova cuns valores e iconografía propios."[2] Para conmemorar 9,000,000 Women Burned as Witches in the Christian Era, e permitirlles ás mulleres a súa visita, utilizou escaleiras de incendios e rituais de círculo de lume na A.I.R. Gallery. Utilizou tamén estes mesmos rituais noutras galerías en Nova York.[4]

Os arquetipos, como as deusas, guerreiras e enganadoras que Edelson usou nos seus traballos, representan un contraste coas mulleres das sociedades formalizadas e patriarcais.[11] Sandra Sider escribiu na súa biografía de Edelson: "Os temas aos que recorreu durante a súa carreira foron a identidade da muller, como as mulleres están retratadas na arte e os medios de comunicación, e o recoñecemento das mulleres como artistas. Por axudar a crear unha nova estética feminista, Edelson contribuíu á transformación da historia da arte." Un destes arquetipos era o da deusa hindú Kali, quen representa a destrución e a renovación.[4]

En 2018 coa súa obra Goddesses Head. Double Spiral. 1975 participou na exposición Territorios que importan. Género, arte y ecología, organizada polo Centro de Arte e Natureza (CDAN) de Huesca, España. Esta exposición estabeleceu unha relación entre a arte contemporánea, a natureza e as cuestións de xénero.[16][17]

Os corpos das mulleres espidas[editar | editar a fonte]

Edelson realizou obra ao redor dos corpos espidos das mulleres para dar a coñecer as maneiras en que foron "explotados e infra-representados na historia da arte." Serviuse de fotografías en branco e negro do seu propio corpo espido en interiores e espazos abertos coma se estes fosen un lenzo. "Coa representación de si mesma espida sen ningún tipo de pudor, espera axudar a liberar os costumes arraigados polos artistas homes nos séculos anteriores en canto ao corpo pasivo da muller", escribiu o Women Art Revolution.[11] Creou arte performática que utilizou nos seus traballos fotográficos que tamén incluían body art, xunto a O'Kevelson, mostrado en 1973, onde os seus autorretratos estiveron cambiados até que se pareceron a Louise Nevelson ou Georgia O'Keeffe que utiliza un marcador de porcelana.[4]

Libros[editar | editar a fonte]

O libro The Art of Mary Beth Edelson publicouse en 2002 despois de varios anos de recolección de información e imaxes dos seus traballos. Inclúe conversas con artistas e ensaios realizados polos seus colegas. No seu ensaio sobre Edelson, "Shifting Signs", Laura Cottingham describiu o seu traballo como "o compromiso en producir imaxes representativas da muller que buscan interromper e transformar os códigos pictóricos patriarcais que definen e limitan a identidade da muller."[4]

The National Museum of Women in the Arts, en Washington, D.C., albergou exposicións dos libros de artista que esta fixo na mostra de "Book as Art".[4] En 2002, The Last Temptation of Lorena Bobbitt mostrou unha imaxe de Bobbitt sostendo o pene cortado do seu marido.[4]

Proxecto de historia oral[editar | editar a fonte]

Edelson foi entrevistada polos Arquivos de Arte americana para o Programa de Historia Oral na primeira metade de febreiro de 2009 no seu estudio de Nova York pola anteriormente directora executiva do ICI (Independent Curators International) Judith Olch Richards. O programa entrevistou a artistas, críticos, historiadores e outros desde 1958 para rexistrar a historia das artes visuais.[5]

Premios[editar | editar a fonte]

DePauw University outorgoulle a Edelson un Doutoramento Honorario en Belas Artes en 1993.[2] Recibiu subvencións da Fundación Andy Warhol para as Artes visuais, do Pollock-Krasner Foundation en 2000 e da National Endowment for the Arts en 2000 e 2006.[4][2][4] Tamén obtivo unha bolsa cunha residencia en Yaddo.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Arte[editar | editar a fonte]

  • Shaking the Grass, impresión en xelatina de prata montada sobre cartón (1980) Walker Art Center[18]
  • Seven Cycles: Public Rituals, litografía offset sobre papel (1980) Walker Art Center[18]

Libros[editar | editar a fonte]

Autora
  • Firsthand: Photographs by Mary Beth Edelson, 1973-1993 and Shooter Series. Siete Ciclos; 1 de xaneiro de 1993. ISBN 978-0-9604650-4-0.
  • Forgrening: en inbjudan till att fläta grenar. Malmö Konsthögskola; 2000.
  • Home made root beer. Malmö Konstmuseum; 2000.
  • Phases of the Loon. 1986.
  • Seven Cycles: Public Rituals. A.I.R.; 1980. ISBN 978-0-9604650-0-2.
  • Seven Sites: Painting on the Wall. Mary Beth Edelson, 1988. ISBN 978-0960465026.
  • To Dance: Paintings and Drawings by Mary Beth Edelson with Performance in Mind : Published to Accompany an Exhibition of the Same Title Organized and Circulated by Patrick King Contemporary Art. Patrick King Arte Contemporánea; 1984. ISBN 978-0-9604650-1-9.
  • Woman Rising. 1975. (Exposición)
Co-Autoría
  • Linda Aleci, Paul Bloodgood, Laura Cottingham, Alissa Friedman, E. Ann Kaplan, Mary Beth Edelson. El Arte de Mary Beth Edelson. Siete Ciclos; 2002. ISBN 978-09604650-6-4.
  • Mary Beth Edelson; Henri 2 (Firme). Cama .... Henri 2; 1971.
  • Mary Beth Edelson; Hewlett Galería. Mary Beth Edelson: trabajo nuevo: una sed antigua y una visión futura : [exposición] Hewlett Galería, Carnegie-Mellon Universidade, Universidade de Belas artes, Pittsburgh, Pensilvania. La Galería, 1983.
  • Mary Beth Edelson e Amelia M. Trevelyan. El Arte de Mary Beth Edelson. Nova York, N.Y.: Siete Ciclos, 2002. LCCN 82046025. ISBN 978-0960465071.
  • Mary Beth Edelson, Mel Watkin, Adam D. Weinberg, e Sam Yates. Forma Shifter: Siete Medios. Nova York, N.Y.: M.B. Edelson, 1990. ISBN 0960465030.
  • Gayle Kimball, Carey Lovelace, Mary Beth Edelson, et al. La cultura de las mujeres en una Era Nueva: Una Revolución Feminista? Prensa de espantapájaros, 2005. ISBN 978-0-8108496-1-7.
  • Margaret Randall, Pat Oleszko, Kossia Orloff, Mary Beth Edelson, Linda Montano Dona Ann McAdams. Herejías 17 - Suplentes Arriba! Mujeres en Teatro y Rendimiento. Nova York: Herejías, 1984.

Coleccións[editar | editar a fonte]

Os seus traballos foron mostrados en:[4] "A Life Well Lived: A Retrospective of Mary Beth Edelson's Work" estivo no Malmö en 2006 e viaxou ao Migros Museo en Zürich.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Basciano, Oliver (2021-05-23). "Mary Beth Edelson obituary". the Guardian (en inglés). Consultado o 2021-10-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Mary Beth Adelson". Clara - Database of Women Artists. Washington, D.C.: National Museum of Women in the Arts. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2014.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Clara - Edelson" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Clara - Edelson" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Clara - Edelson" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Clara - Edelson" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Clara - Edelson" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Clara - Edelson" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Clara - Edelson" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Clara - Edelson" está definido varias veces con contidos diferentes
  3. 3,0 3,1 "Mary Beth Edelson". The Frost Art Museum Drawing Project. Consultado o 11 de xaneiro de 2014. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 Joan M. Marter.
  5. 5,0 5,1 "Oral history interview with Mary Beth Edelson, 2009 Feb. 1-16". Archives of American Art, Smithsonian Institution. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Joan M. Marter pp. 136-137.
  7. "Mary Beth Adelson". Clara - Database of Women Artists. Washington, D.C.: National Museum of Women in the Arts. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  8. "About Mary Beth Edelson". Digital Collections: Women Art Revolution. Stanford University. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  9. David E. Bernstein (2003). You Can't Say That!: The Growing Threat to Civil Liberties from Antidiscrimination Laws. Washington, DC: Cato Institute. p. 38. Consultado o 11 de xaneiro de 2014. 
  10. Thomas Patin and Jennifer McLerran (1997). Artwords: A Glossary of Contemporary Art Theory. Westport, CT: Greenwood. p. 55. Consultado o 8 de xaneiro de 2014. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "About Mary Beth Edelson". Digital Collections: !Women Art Revolution. Stanford University. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  12. "A.I.R Gallery". A.I.R Gallery. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  13. http://www.moma.org/collection/artist.php?artist_id=34727
  14. Smith-Stewart, Amy. "Mary Beth Edelson: Six Story Gathering Boxes (1972–2014)" (PDF). The Aldrich Contemporary Art Museum. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de marzo de 2015. Consultado o 7 de marzo de 2015. 
  15. Edelson, Mary Beth; Trevelyan, Amelia M. (2002). The art of Mary Beth Edelson. New York, NY: Seven Cycles. ISBN 0960465065. 
  16. "CDAN | TERRITORIOS QUE IMPORTAN" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2019. [Ligazón morta]
  17. Molina, Ángela (4 de xaneiro de 2019). "El feminismo como interpretación del mundo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 5 de xaneiro de 2019. 
  18. 18,0 18,1 "Mary Beth Edelson". Walker Art Center. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2014.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "Walker Art Center" está definido varias veces con contidos diferentes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • M. S. Armstrong, A. Conley, K. C. H. Nahum. Original Visions: Shifting the Paradigm, Women’s Art 1970-1996. Exhibition catalog. Chestnut Hill, MA: McMullen Museum of Art, Boston College, 1997. ISBN 978-0964015364.
  • G. Battcock e R. Nickas. The Art of Performance: A Critical Anthology. Nova York: E.P. Dutton 1984. ISBN 9780525480396.
  • N. Broude e M. D. Garrard, ed. The Power of Feminist Art: The American Movement of the 1970s. Harry N. Abrams, 1996. ISBN 978-0810926592.
  • B. Bickel e M. Sims. "Making Eye Contact: The Performance Art of Mary Beth Edelson as Public Pedagogy." "Journal of Arts & Communities." 5(1) 2013, pp. 41–53.
  • E. Heartney. "Mary Beth Edelson at A/C Project Room and Nicole Klagsbrun." Exhibition review. Art in America. 81. Outubro de 1993, pp. 128–129.
  • M. Bunz; M. E. Buszek; K. Deepwell; A. Jones; H. Munder; J. Rumball; B. Hess; Migros Museum für Gegenwartskunst. It's Time for Action (There’s no Option) About Feminism, Migros Museum, Zürich. Distributed Art Pub Incorporated, 2007. ISBN 978-3905770537.
  • G. Kimball. Women's Culture in a New Era: A Feminist Revolution. Lanham, MD: Scarecrow Press. 2005. ISBN 978-0810849617.
  • L. Lippard: Overlay. Contemporary Art and the Art of Prehistory. Nova York: Pantheon Books, 1983. ISBN 978-0394711454.
  • Percy Martin; Washington Project for the Arts (D.C.); Mary Beth Edelson. Dream on: Three Contemporary Artists Working with Myth: Mary Beth Edelson, Judy Jashinsky, Percy Martin. Washington Project for the Arts; 1989. OCLC 79042743.
  • H. Robinson. Feminism-Art-Theory: An Anthology 1968-2000. Malden, MA: Wiley, 2001. ISBN 978-0631208501.
  • C. Spretnak, ed. The Politics of Women's Spirituality: Essays on the Rise of Spiritual Power Within the Feminist Movement. Nova York: Anchor Books, 1982. ISBN 978-0385172417.
  • WACK! Art and the Feminist Revolution. Os Ánxeles, Museo de Arte Contemporánea, 2007. ISBN 978-0-914357-99-5
  • J. Wark. Radical Gestures: Feminism and Performance Art. Montreal:McGill-Queen's Press, 2006. ISBN 978-0773585232.
  • J. Wark. Gender Battles. Santiago de Compostela, Centro Galego de Arte Contemporánea, 2007.