Saltar ao contido

Accidente do Marisquiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente do Marisquiño
 Instancia de
Datas
 Data
12 de agosto de 2018 Editar o valor en Wikidata
Implicados
Feridos377 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Wikidata

O accidente do Marisquiño foi un suceso acontecido no paseo das Avenidas na noite do 12 de agosto de 2018 en Vigo durante a celebración do festival de deportes urbanos O Marisquiño. Non houbo vítimas mortais pero si feridos de diversa consideración.

As causas do derrubamento foron o exceso de peso que soportaba a estrutura de madeira, que non estaba pensada para soportar concertos.

O accidente aconteceu ás 23:58 horas do 12 de agosto de 2018, cando cedeu a estrutura de formigón sobre a que descansaba a plataforma de madeira do paseo marítimo das Avenidas, no porto de Vigo, durante o concerto de música da cantante Rels B.

Centos de persoas asistentes ao espectáculo caeron ao mar. Non se contabilizou ningunha vítima mortal. O número de feridos estableceuse en 377 persoas,[1] aínda que de diversa consideración chegaron a 467.[2] A aseguradora do festival, pola contra, foi condenada a pagar o custo da asistencia ás vítimas, logo dun fallo do TSXG.[3]

En setembro dese mesmo ano o parlamento de Galicia creou unha comisión de investigación para esclarecer responsabilidades sobre o accidente.[4]

Investigación

[editar | editar a fonte]

Tras o suceso estableceuse unha investigación xudicial para tratar de dilucidar a responsabilidade do accidente. O Concello de Vigo defendía a tese de que era Portos de Galicia, concretamente o porto de Vigo, quen era propietario dos terreos.[5] Porén, o porto defendía que, malia seren os propietarios das instalacións, o encargado do seu mantemento era o órgano municipal. Finalmente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a prol destes últimos.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]