Saltar ao contido

Querela das mulleres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christine de Pizan (1364-1430) primeira muller que intervén na "querelle des femmes"

A querela das mulleres, coñecida especialmente pola súa expresión en francés: querelle des femmes é o nome polo que se coñece o debate literario e académico que tivo lugar ao longo de varios séculos abarcando desde finais do século XIV, na Europa medieval, até a revolución francesa no século XVIII, que xorde en defensa da capacidade intelectual, o dereito das mulleres ao acceso á universidade e á política das mulleres fronte á misoxinia. Afírmase que esta capacidade non é unha cuestión de natureza senón social, de posibilidade de acceso ao coñecemento. A querela manifestouse publicamente en faladoiros e xerou numerosos escritos en torno ao valor, a diferenza e as relacións entre ambos os sexos. A primeira muller que intervén neste debate de maneira pública é a escritora italiana residente en Francia Christine de Pizan (1364-1430) que en 1405 escribe A cidade das mulleres.[1]

No século XV as mulleres por primeira vez tomarán a palabra no espazo público, algo que lles estaba prohibido, para facer defensa das súas capacidades. Antes desta época, no debate público sobre se a natureza das mulleres as facía inferiores ou non aos homes, só era un debate masculino.

Herdeira da querelle de femmes, durante a segunda metade do século XIX en Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Rusia utilizouse o termo The woman question (a cuestión das mulleres) en relación co cambio social na segunda metade do século XIX que cuestionaba o papel das mulleres. Os temas do sufraxio feminino, os dereitos reprodutivos, a autonomía corporal, os dereitos de propiedade, os dereitos legais, os dereitos médicos e o matrimonio dominaron as discusións culturais nos xornais e círculos intelectuais.

Querelle de femmes

[editar | editar a fonte]

A veneciana Christine de Pizan, considerada a primeira muller escritora profesional da historia, empezou a escribir en plena controversia en medios intelectuais sobre a natureza exacta das mulleres: eran sexualmente voraces, enganosas, inmorais e non fiábeis? [Cómpre referencia] A opinión dominante era que si. De feito, un texto popular e influente, o poema Roman de la Rose de Jean de Meung, expresaba esta opinión: «Todas vostedes son, foron ou serán putas por acción ou por intención». A Igrexa, que culpaba a Eva da expulsión do paraíso e identificaba as mulleres con impureza, tentación e pecado, cría que só os homes nacerían a imaxe de Deus e, de ser isto así, as mulleres eran incluso humanas? Deben as mulleres ser educadas ou encerradas polo ben da sociedade? Como podería conterse a sexualidade das mulleres e evitar que ameazase a salvación dos homes? O debate - ou 'querelle' - converteuse nunha batalla literaria levada a cabo polos escritores da Europa do século XV-XVI.[2]

Christine meteuse nesta disputa e converteuse nunha voz influente e respectada. Obxectou aos estereotipos despectivos e defendeu as mulleres como boas e morais. Escribiu diversos tipos de textos, desde a poesía do amor até os manuais de cortesía, folletos políticos e biografías dos reis. A defensa das mulleres caracteriza os seus primeiros traballos, especialmente o Libro da Cidade das Mulleres e o Libro das Tres Virtudes, ambos apareceron en 1405.

Retrato de André Tiraqueau realizado por Jost Amman.

No século XVI súmase á controversia o político e xurista André Tiraqueau durante unha discusión sobre o contrato de matrimonio, aínda que pronto se estendeu, abarcando en xeral a posición ou status da muller na sociedade (roles básicos, educación, dereitos).[3]

Aínda que André Tiraqueau afirmaba que era necesario que existise no matrimonio unha afección e atracción recíproca, tamén sostiña con todo e sen ambigüidade, a superioridade do home sobre a muller, atribuíndolle por tanto ao marido o rol protector da súa muller.

Pronto esta discusión tomou outro alcance, traspasando as fronteiras de Francia, e instalándose tamén noutros países europeos.

O século XVIII sostivo un importante debate sobre as posibilidades das mulleres para acceder aos estudos universitarios e ao exercicio das profesións consideradas masculinas, que logrou difundirse grazas ao desenvolvemento da cultura impresa. Autores como Poullain de la Barre, Bernard Le Boivier de Fontenelle, François Fénelon, Jean Le Rond D'Alembert, Madame de Beaumer, Abbé de Mably en Francia, Mary Astell, A. Lady e Mary Wollstonecraft en Inglaterra, Benito Feijoo e Josefa Amar y Borbón en España, e Dorotea Erxleben en Alemaña reclamaban o dereito das mulleres á educación e ao coñecemento afirmando que homes e mulleres tiñan capacidades similares e que "a mente non ten sexo".[4]

Estes temas vinculados coa condición feminina e os dereitos das mulleres tomaron nova importancia e amplitude cara ao fin do século XVIII, tanto en Francia como no Reino Unido, moi particularmente co xurdimento de escritoras feministas tales como Olympe de Gouges ou Mary Wollstonecraft, e algo máis tarde por mor da aparición do movemento sufraxista.

O termo "Querelle des femmes" úsase en Inglaterra na Era vitoriana, estimulado pola Lei de reforma de 1832 e a Lei de reforma de 1867. A Revolución Industrial levou a centos de miles de mulleres de clase baixa a traballar á fábrica formulando un reto ás ideas tradicionais sobre que lugar debía corresponder a unha muller utilizándose na segunda metade do século XIX en Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Rusia o termo The woman question (a cuestión das mulleres).

Querela das mulleres na Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

O movemento chega á Península unhas décadas despois de que se iniciase en Francia. Comeza en ambientes cortesáns a través da Coroa de Aragón cunha maior presenza misóxina. O punto de inflexión na contestación chegará desde a corte de Xoán II de Castela e María de Aragón. A investigadora Ana Vargas Martínez considera que o século XV é o momento da toma de conciencia por parte das mulleres que viven nunha sociedade patriarcal polo que sofren numerosas limitacións e sinala que na primeira metade do século as mulleres matrocinan, facilitan que outros escritores homes contesten o debate.

Isabel de Villena

Varios autores sitúanse coas súas obras en defensa das mulleres: Diego de Valera, Defensa de virtuosas mujeres en 1441, Xoán Rodríguez de Padrón, Triunfo de las donas, cara a 1445, Álvaro de Luna con Virtuosas e claras mugeres, Pere Torroella, Razoamiento en defensión de las donas onde o autor se escusa por compor as famosas coplas de Maldezir de mugeres, Joan Roís de Corella con Triunf de les dones, Martín Alonso de Córdoba co Jardín de nobles donzellas (1468-1469), dedicado á infanta Isabel, futura raíña de España, defendendo os seus dereitos ao trono con alegacións de tipo feminista propias dun humanismo xa renacentista[5]

Na segunda metade do século XV foron significantes no debate dúas mulleres, ambas as dúas relixiosas: Teresa de Cartagena e Isabel de Villena.

Teresa de Cartaxena escribiu na mesma liña de defensa da intelectualidade das mulleres que Pizan. Esta relixiosa de orixe conversa escribiu primeiro La Arboleda de los Enfermos, unha obra mística na que expuxo a angustia vivida por anos de reclusión e incomunicación causada pola súa xordeira. Dada a súa calidade literaria os homes do seu tempo non creron que fora escrita por unha muller. Ante as dúbidas feitas públicas, Teresa lonxe de amedrentarse decidiu escribir unha alegación en defensa da capacidade intelectual das mulleres: Admiración de las Obras de Dios.

Tamén na segunda metade do século XV Isabel de Villena (1430-1490) escribe Vita Cristie, a vida de Xesús, utilizando en boca do mesmo Xesús a defensa das mulleres e explicando a súa vida a través das mulleres que o rodearon.

No século XVII María de Zayas no terreo literario, a través dos personaxes das súas novelas, denunciou a subordinación do sexo feminino e presentou novos modelos de vida para as mulleres. Un dos temas escollidos para a crítica é “o amor”, como conxunto de sentimentos e de relacións en que as mulleres existen de formas subordinadas e dependentes; entre as súas obras está Desengaños amorosos, publicada en 1647.

Na primeira metade do século XVIII destaca o discurso de Benito Jerónico Feijoo que en Defensa de la mujer (1726) utiliza moitos argumentos que circularan publicamente nas polémicas da querela de mulleres. Tamén coñece á filósofa dos Discursos da Excelencia, Lucrezia Marinella, (1571-1653) autora de Excelencia de las mujeres, cotejada con los defectos y vicios de los hombres aínda que Feijó defende a igualdade entre os sexos e non participa das teses de Marinella da superioridade e excelencia das mulleres.[6]

Na segunda metade do século XVIII destaca a escritora Josefa Amar y Borbón coa súa firme convicción do poder da educación e a súa comprensión do dereito natural, considerada unha das figuras máis relevantes da Ilustración española, comparada por Alicia Puleo con Anne-Thérèse de Marguenat de Courcelles, coñecida tamén como Madame Lambert, representante dun feminismo expresado en Francia da primeira metade do século XVIII. Amar realizou a defensa de que as mulleres deberían tamén formar parte das Sociedades Económicas de Amigos do País, un debate expondo en Real Sociedade Matritense. A súa alegación foi publicada no Memorial Literario co título Discurso en defensa del talento de las mujeres y de su aptitud para el gobierno y otros cargos en que se emplean los hombres. Entre os argumentos que esgrime destaca, á luz da súa comprensión do dereito natural, a igualdade de orixe: remítese ao pecado orixinal e reinterpreta o mito de Eva: a historia relatada no Antigo Testamento para Josefa Amar significaba maior talento de Eva, que pecou por afán de coñecemento e de saber.

Publicacións relacionadas

[editar | editar a fonte]
  • De claris mulieribus (Mulleres célebres), de Giovanni Boccaccio, biografías de mulleres históricas e mitolóxicas, publicado en 1374.
  • A cidade das mulleres, un texto alegórico de Christine de Pisan escrito en 1405.
  • Le Trésor de la cité des dames, de Christine de Pisan, tamén escrito en 1405.
  • Martin Le Franc, autor dun texto en defensa das mulleres, escrito en 1441-1442 e titulado Le Champion des dames.
  • Denis Janot, impresor parisiense do século XVI.
  1. "La Aventura del Saber. TVE. Ana Vargas. 'La querella de las mujeres', La aventura del Saber - RTVE.es A la Carta". Consultado o 24 de decembro de 2016. 
  2. "Christine de Pizan and the ‘Querelle des femmes’ | HerStoria". herstoria.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2016. Consultado o 25 de decembro de 2016. 
  3. Alix Ducret, La Renaissance et les femmes : le retour aux antiques Arquivado 19 de marzo de 2016 en Wayback Machine., sitio digital historia-nostra, 16 de xuño de 2006.
  4. "El acceso de las mujeres a la educación universitaria" (7). ISSN 1669-3248. (en castelán)
  5. Ana Vargas Martínez. "La Querella de las Mujeres. Tratados hispánicos en defensa de las mujeres (siglo XV)". 
  6. Rosalía Romero Pérez (2006). "Hacia una historia del pensamiento feminista en España". Revista Labrys. Consultado o 24 de decembro de 2016. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
En castelán
  • Archer, Robert (2000) Misoginia y defensa de las mujeres: una antología de textos medievales Madrid, editorial Cátedra.
  • Arriaga Flórez, Mercedes, González de Sande, Estela, (2011), Cristina Trivulzio di Belgioioso, De la presente condición de las mujeres y de su futuro, Sevilla, Arcibel, ISBN 978-84-15335-07-8
  • Ramírez Almazán, Dolores, Martín Clavijo, Milagro, Aguilar González, Juan, Cerrato Daniele (2011) La querella de las mujeres en Europa e Hispanoamérica, Sevilla, Arcibel Editores, ISBN 9788415335139.
  • Arriaga Flórez, Mercedes, Cerrato, Daniele, Rosal Nadales, María (2012) Poetas italianas de los siglos XIII y XIV en la Querella de las mujeres, Sevilla, Arcibel, ISBN 978-84-15335-22-1
  • González de Sande, Estela, Rubín Vázquez de Parga, Isabel, Díaz Padilla, Fausto, Rosal Nadales, María (2013) Poetas cortesanas en la Querella de las mujeres, Sevilla, Arcibel, ISBN 978-84-15335-36-8
  • Reyes Ferrer, María, Arriaga Flórez, Mercedes, Rosal Nadales, María, Cerrato, Daniele (2013) Pastoras e improvisadoras feministas, Sevilla, Arcibel Editores, ISBN 978-84-15335-39-9
  • Arriaga Flórez, Mercedes, Aguilar, González, Juan, Cerrato, Daniele (2013) Isotta Nogarola ¿Quién pecó más Adan o Eva?, Sevilla, Arcibel Editores, ISBN 978-84-15335-34-4
  • Cagnolati, Antonella, González De Sande, Mercedes (2013) Lucrezia Marinelli Vacca, De la nobleza y excelencia de las mujeres, Sevilla, Arcibel, ISBN 978-84-15335-35-1
  • Aguilar, González, Juan, Abad, Jose, Cerrato, Daniele (2013) Moderata Fonte, El Mérito de las mujeres, Sevilla, Arcibel,2013, ISBN 978-84-15335-37-5
  • Ramirez Almazan, Dolores, de Paco Serrano Diana M., Cerrato Daniele (2013) Sor Arcangela Tarabotti, Antisátira Menippea contra el lujo de las mujeres, Sevilla, Arcibel, 2013, ISBN 978-84-15335-38-2
  • Arriaga Flórez, Mercedes, Aguilar, González, Juan, Cerrato Daniele (2013) Sor Arcangela Tarabotti, Las mujeres son de la misma especie que los hombres, Sevilla, Arcibel, 2013, ISBN 978-84-15335-42-9
  • González De Sande, Mercedes (2013) Rosa Califronia, Breve defensa de los derechos de las mujeres, Sevilla, Arcibel, 2013, ISBN 978-84-15335-49-8
  • Martín Clavijo, Milagro, (2013) La esclavitud de las mujeres de Carolina Lattanzi y el discurso político de las mujeres en el trienio jacobino,Sevilla, Arcibel, 2013,ISBN 978-84-15335-47-4
  • Arriaga Flórez, Mercedes, Anna Marzio (2013) Anna Maria Mozzoni, La liberación de la mujer, Sevilla, Arcibel, 2013, ISBN 978-84-15335-48-1
  • Vargas Martínez, Ana (2016) La querella de las mujeres. Tratados hispánicos en defensa de las mujeres (siglo XV) Editorial Fundamentos ISBN 9788424513054 .
En francés
  • Catherine Claude, (2000) La querelle des femmes: la place des femmes des Francs à la Renaissance, Le Temps des cerises
  • Paola Malpezzi Price, Christine Ristaino (2008) Lucrezia Marinella and the "querelle Des Femmes" in Seventeenth-century Italy, Associated University Presse
En inglés
  • Helsinger, Elizabeth K.; Robin Lauterbach Sheets; William Veeder (1983). The woman question: society and literature in Britain and America, 1837-1883, Volume 1. Manchester University Press ND. ISBN 978-0-7190-0986-0.
  • Crosby, Christina (1991). The ends of history: Victorians and "the woman question". Routledge. ISBN 978-0-415-00936-2.
  • Smith, Thomas Robert; Ellen Key; Goldsworthy Lowes Dickinson (1919). The woman question. Boni and Liveright.
  • Evans, Mary (1994). The woman question. Sage Publications. ISBN 978-0-8039-8747-0.
  • Eliza Lynn Linton in the Saturday Review, reprinted as Moern Women and What is Said of Them (1868)
  • Sarah Stickney Ellis: "The Women of England: Their Social Duties and Domestic Habits"
  • Alexandra Kollontai: "The Social Basis of the Woman Question"
  • Bernard Shaw: "Candida" and "Mrs. Warren's Profession"
  • Otto Weininger: "Sex and Character"
  • Heinrich Agrippa: Declaration on the Nobility and Preeminence of the Female Sex. (1996 University of Chicago Press)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]