Periferia (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Periferia
Autor/a Iolanda Zúñiga
Orixe Galiza
Lingua galego
Colección Narrativa
Xénero(s) Novela
Editorial Edicións Xerais
Data de pub. outubro de 2010
Formato 15,5 x 23 cm
cartonado
Páxinas 504
ISBN 978-84-9914-170-1

Periferia é unha novela de Iolanda Zúñiga. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Xerais dese ano[1]. Está ambientada na cidade de São Paulo.

(...) con constantes referencias á cultura popular, á cultura de masas, á música, aos medios, á publicidade, ao cine, [Periferia] está tecida cunha mestura de textos tipicamente posmoderna.
Extracto tirado da contraportada da obra.

Trama[editar | editar a fonte]

Luciana e Brown son unha parella da periferia de São Paulo, nun arrabalde de favelas, unha zona marcada polo narcotráfico e a violencia. A historia narra o seu devir ao tempo que trata de pintar un fresco sobre a cidade actual, coa miseria e a falta de oportunidades.

Estilo e crítica[editar | editar a fonte]

A novela está escrita en forma polifónica, cun narrador/a omnipresente (tamén por ir acoutando algo, pobre de min) que vai debullando, con un presente histórico que dota á historia dun modo documentalista[2], as súas descricións, as súas impresións da cidade. A voz narrativa, nun galego de elevada concentración metafórica, cunha sintaxe envolvente e interminable, case abafante, vai colocando as pezas deste quebracabezas con parsimonia, coa introdución de numerosos excursos, con datos, estatísticas, informes, sobre a prostitución, o narcotráfico, o fútbol, o entroido, as organizacións criminais, o tránsito, a venda de armas ou a estrutura interna e funda do mundo das favelas
Unha reflexión, en suma, sobre o exercicio do poder, en contra das escravitudes, sobre a intolerancia mercé a unha voz que quere erguerse, con forza, contra ese holocausto continuo e recorrente que segue a “reencarnarse” nas favelas.
Recensión a cargo de Ramón Nicolás.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Presentación da novela no CulturGal 2010.

A novela está dividida en 11 seccións. Todas elas constan dun primeiro e moi longo parágrafo e dun segundo que apenas pasa dunha simple liña. A divisón da novela é como segue:

  1. A Cidade
  2. A Periferia
  3. A Coprotagonista
  4. O Carnaval
  5. O Narcotráfico
  6. O Amor
  7. O Fútbol
  8. O Crime
  9. Bonus track: o Cárcere
  10. Agradecementos
  11. Hidden track: o Funk

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Iolanda Zúñiga faise co premio Xerais cunha historia da periferia", artigo en Xornal de Galicia, 15 de xuño de 2010.
  2. Non en van, a autora, nos agradecementos, cita Google, Wikipedia e Youtube, "ferramentas virtuais coas que construín esta ficción".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]