Wikipedia:Wiki Loves Parroquias
Esta páxina en resumo: Sube unha foto dunha parroquia que aínda non teña ningunha no seu artigo, colabora coa Galipedia e podes levar un agasallo! Podes acceder tamén a esta páxina co enderezo curto https://w.wiki/52e. |
O obxectivo deste concurso é conseguir imaxes libres de tódalas parroquias de Galicia, no momento de comezar esta páxina hai preto de 700 parroquias de Galicia sen foto no seu artigo. As parroquias ás que lles falta foto están recompiladas na páxina Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias, e tódolos seus artigos teñen as coordenadas para facilitar a súa busca. Tamén hai dous mapas coa posición das coordenadas das parroquias que faltan, as de Lugo aquí, e as de Ourense aquí.
As imaxes son fundamentais para ilustrar os artigos xa que achegan un alto valor ós contidos, e que cada parroquia de Galicia teña a súa foto é subir un pequeno chanzo no incremento da calidade desta enciclopedia libre.
As imaxes que se procuran son de moitos tipos, o patrimonio de Galicia é infinito, ademais de aldeas escondidas, ou non, hai castros, petróglifos, torres, igrexas, mosteiros, pazos, ríos, regatos, lagoas, fontes, serras, montes, outeiros, fragas, carballeiras, árbores senlleiras, festas, romarías, feiras... Descubre a Galicia máis escondida e amósaa na Galipedia, hai milleiros de fotos que se poden facer!
Neste ano 2019 faise a primeira edición deste concurso, esperamos que a Galipedia se encha de novas fotos para ilustrar os artigos desta enciclopedia libre, que está feita por todos e para todos. Anímate a participar!
Bases
[editar a fonte]- Para participar haberá que ter unha conta de usuario cun enderezo de correo electrónico activo e permitindo o envío de mensaxes por outros usuarios (requisito imprescindible para posibles comunicacións cos participantes, non ter activada a dirección de correo electrónico provocará que as imaxes do usuario non participen no concurso).
- As imaxes deben ter unha licenza libre compatible coa da Galipedia (CC-BY-SA), é dicir, debe permitir o uso comercial e as obras derivadas.
- As fotos deben ser de autoría propia, se algún participante sube fotos que non son da súa autoría será descualificado automaticamente.
- As fotos deben de ser dunha parroquia que non teña ningunha imaxe no seu artigo no momento de comezar o concurso (1 de xullo).
- As imaxes deben poder identificarse de forma clara que pertencen á parroquia que se indique. En caso de que non se poida identificar de forma clara que a imaxe pertence á parroquia, a foto non será aceptada no concurso. Para identificar unha imaxe poden proporcionarse as coordenadas GPS, comparación con imaxes semellantes con dereitos de autor e que estean identificadas de forma axeitada, ou outros medios que estean dispoñibles a través de Internet.
- As imaxes deberán subirse a Wikimedia Commons. Non poderán participar fotos subidas localmente na Galipedia.
- As imaxes poden realizarse en calquera momento da duración do concurso e incluso poden ser imaxes realizadas con anterioridade, sempre e cando non estean xa subidas a Wikimedia Commons.
- Os usuarios que queiran participar terán que engadir a foto á páxina do concurso. Nesa páxina atópanse as instrucións para presentar cada unha das fotos. Poderán pedir axuda para todo o que precisen na propia páxina de conversa ou no enderezo electrónico wikilovesparroquias@gmail.com. Se algún participante non é capaz de subir as súas fotos a Commons ou engadilas na páxina do concurso, pode poñerse en contacto cos organizadores e eles axudaranlle a resolver as dúbidas que teña (pode consultarse o apartado Wikipedia:Wiki_Loves_Parroquias#Coordinación para máis información sobre este punto).
- As fotos que non se engadan na páxina do concurso, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas, antes da data de fin de recepción de imaxes, non poderán participar.
- Os participantes poden presentar tódalas imaxes que queiran, pero só se asignará un premio por participante, sempre o de maior contía.
- Poden presentarse varias imaxes do mesmo lugar se antes de comezar o concurso aínda non había ningunha foto no artigo asociado.
- As imaxes deberán publicarse coa maior calidade e resolución posible. Esíxese un mínimo de 2 Mpx (tamaño orientativo de 2 Mpx: 1920x1080), as fotos con menor resolución non participarán no concurso.
- As imaxes non deben contar con firma, data, marco ou outras marcas superpostas á imaxe (a atribución garántese a través da páxina de descrición da foto en Wikimedia Commons). As fotos que non cumpran isto non participarán no concurso.
- Os autores non poden votar polas súas propias fotos, si poden votar polo resto de imaxes propostas.
- A lista de artigos de parroquias sen foto está en Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias, e temos dúas listas coas parroquias sen foto coas súas coordenadas aquí: provincia de Lugo e provincia de Ourense. Nesas páxinas tamén pode accederse a un mapa coa xeolocalización desas parroquias.
Datas do concurso
[editar a fonte]As fotos participantes poderán presentarse na páxina do concurso dende o 1 de agosto ata o 31 de outubro, ambos inclusive.
Durante todo o mes de novembro procederase a votar as fotos presentadas e ó rematar anunciaranse as fotos gañadoras. A organización porase en contacto cos premiados para xestionar a entrega dos seus agasallos.
Escolla de gañadores
[editar a fonte]Na páxina do concurso haberá un período de votación do 1 ó 30 de novembro, ambos inclusive, no que os usuarios da Galipedia darán o seu voto favorable ás imaxes que consideren. Cada usuario poderá votar tantas veces como o desexe, sempre que sexa a fotos diferentes. Serán consideradas gañadoras as fotos con máis votos dentro do período de votación. En caso de empate gañará a foto que antes fose presentada.
Os usuarios que poden participar nesta votación serán os que cumpran Wikipedia:Votacións#Quen_pode_votar?.
Premios
[editar a fonte]- Primeiro premio: 300 euros
- Segundo premio: 200 euros
- Terceiro premio: 100 euros
Como agasallo sortearanse 20 camisetas de promoción da Galipedia entre tódolos participantes, a talla e a imaxe da camiseta dependerá das existencias dispoñibles. As camisetas serán enviadas polos medios dispoñibles ós gañadores. Para o sorteo, cada usuario terá un número consecutivo correspondente coa primeira imaxe presentada ó concurso. Para escoller os gañadores das camisetas collerase o número de visitas diarias da Galipedia dende o primeiro día da votación e dividirase por 7 de forma consecutiva ata que coincida cun dos números asignados ós participantes. Se o número non coincide co de ningún usuario, volverá dividirse o número de visitas por 5, de continuar sen atoparse coincidencia dividirase por 3. En caso de non atopar coincidencia con ningún usuario, o sorteo dese día farase a xuízo dos organizadores.
En caso de que o número de participantes sexa menor que o de camisetas a sortear, non será necesario facer sorteo.
Os organizadores poranse en contacto cos premiados para xestionar a entrega do premio. Se pasados tres meses despois da finalización da escolla das fotos gañadoras, non foi posible contactar cos premiados, entenderase que renuncian ó seu agasallo e quedará deserto.
Coordinación
[editar a fonte]A coordinación sobre asuntos relacionados con este tema farase na conversa desta mesma páxina. Tamén poden enviarse consultas ó enderezo de correo electrónico wikilovesparroquias@gmail.com.
Wiki Loves Monuments
[editar a fonte]A maiores, as imaxes participantes poden participar no concurso Wiki Loves Monuments se cumpren as súas bases e se cargan en Commons durante o mes de setembro usando a súa ligazón. Se queredes participar nos dous concursos, primeiro cargade as fotos en Commons coa ligazón de Wiki Loves Monuments durante o mes de setembro, e logo presentádeas en Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas.
Mencións nos medios
[editar a fonte]- Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Nota de prensa
- A Galipedia busca fotos de case 300 parroquias da provincia de Lugo, nova en El Progreso, 18-06-2019
- A Galipedia lanza un concurso fotográfico para achegar imaxes libres aos artigos das parroquias, nova en Código Cero, 27-06-2019
- A Galipedia busca fotos de 700 parroquias galegas, nova en Galiciaé, 18-06-2019
- A Galipedia organiza un concurso fotográfico de parroquias galegas, nova en Que pasa na costa, 27-06-2019
- Galipedia lanza o concurso 'Wiki loves Parroquias', blog Ribadeando, 01-07-20190
- Voces de Galicia 1ª edición, luns, 1 de xullo de 2019 (a partir de 76:44), Radio Voz, 01-07-2019
- A #Galipedia lanza un concurso fotográfico para achegar imaxes libres aos artigos das parroquias, Twitter Luz Castro, 28-06-2019
- Concurso fotográfico da Galipedia, Wiki Loves Parroquias, Blog Asociación Castaño y Nogal, 08-07-2019
- Wiki Loves Parroquias, Xornal da Fonsagrada, 01-07-2019
- Concursos de fotografía
- Concursos de fotos
- Concurso fotográfico de la Galipedia, Mancomún, 09-07-2019
- Yo lo mando, páxina web de concursos fotográficos
- Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, 05-07-2019
- Concurso fotográfico da Galipedia, Wiki Loves Parroquias, A3GAL, 25-07-2019
Parroquias que conseguiron foto
[editar a fonte]Esta é a lista de parroquias que conseguiron foto dende o comezo do concurso. Aínda que agora teñan imaxe, as fotos que se presenten destes lugares, poderán seguir participando xa que antes do 1 de xullo non a tiñan.
Véxase tamén
[editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wiki Loves Parroquias |
Outras páxinas
[editar a fonte]- Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias Aquí están as listas de tódalas parroquias que non teñen foto.
- Lista das parroquias de Lugo sen foto coas súas coordenadas de localización
- Lista das parroquias de Ourense sen foto coas súas coordenadas de localización
- Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas
- Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras