Paula Dapena
Paula Dapena | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1996 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | futbolista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paula Dapena Sánchez, nada en Pontevedra o 26 de novembro de 1996[1], é unha futbolista galega. Xoga de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Técnica en actividades físico deportivas[2], estudou Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo. Comezou a xogar en 2012 no Atlético Arousana. En 2014 fichou polo Sárdoma CF, e en 2016 polo Umia FC[3]. No ano 2020 fichou polo Viajes Interrías FF, de Portonovo (Sanxenxo), que xoga no grupo 1A da Primeira Nacional.
En novembro de 2020, nun partido amigable entre o seu equipo e o Deportivo da Coruña en Abegondo, negouse a homenaxear a Diego Armando Maradona, que falecera esa mesma semana[4]. A orixe da súa negativa foi a consideración de que o chamamento á homenaxe se facía a un futbolista con comportamentos machistas e que, como tal, non debía recibir as homenaxes que non obtiveran as vítimas do machismo.[5]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Foi galardoada co Premio Cidade de Pontevedra 2020[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Paula". Futboleras.
- ↑ "Paula Dapena". Twitter.
- ↑ "Paula Dapena". Aupa Athletic.
- ↑ Natalia Puga (30 de novembro de 2020). "A pontevedresa que se negou a gardar un minuto de silencio por Maradona". Pontevedra Viva.
- ↑ "Dapena, la futbolista feminista que se negó a homenajear a Maradona". La Vanguardia (en castelán). 2020-12-01. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "O persoal sanitario e a futbolista Paula Dapena, premios Cidade de Pontevedra". Pontevedra Viva. 12 de xaneiro de 2021.