A Marronda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°05′30″N 7°14′44″O / 43.0918, -7.2456

A Marronda
Fervenza da Acea da Serra na Marronda 31V2016 02.jpg
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, parte en Reserva da Biosfera
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 1.239 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Baleira, A Fonsagrada
Ríos: río Eo, río Martín
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Marronda, ou fraga ou bosque da Marronda, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe aos montes da Marronda e dos Valiños e varios afluentes das cuncas altas do río Eo. Esta área de conservación ocupa 1.239 ha. dos concellos de Baleira e a Fonsagrada (Lugo) entre as entidades da Braña, Mendreiras, Martín e a estrada que une o Cádavo con Martín.[1][2][3][4][5]

As fragas da Marronda son bosques fundamentalmente autóctonos galegos cun alto estado de conservación.[4][5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Este espazo natural está na comarca da Fonsagrada, no centro oriental da provincia de Lugo. Dentro do espazo atópanse os lugares do O Real de San Paio e parte da Espiña (Cubilledo, Baleira), e A Costa, O Real e parte de Mendreiras (Martín, Baleira).[4]

Aséntase nas valgadas río Eo e outros afluentes seus na súa cunca altas. Destaca os río Martín e o seu afluente o Souto. Outros son os rego de Monte Meán, o río Piñeira, rego do Castelo, rego dos Cabozos ou rego Fonte do Eo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Dentro do espazo atópanse os lugares do O Real de San Paio e parte da Espiña (Cubilledo, Baleira), e A Costa, O Real e parte de Mendreiras (Martín, Baleira).[4] Son aldeas pouco poboadas.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Os lugares do espazo teñen un interse pola súa tipoloxía arquitectónica, que se adapta ao medio montañoso. Os hórreos son cadrados ou circulares con teitos de palloza.

Flora e Fauna[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Bosque de castiros

Na Marronda destacan nos vales do río Souto, que miran cara ao norte, os bosques caducifolios montanos. Alí atópanse bosques de faia Fagus sylvatica zonas especialmente umbras. A súa presenza significa que este lugar é lugar máis occidental galego ao que chega esta especie e que é o límite suroccidental da faia en Europa, converténdose por tanto nunha importante reserva.[5]

Entre a demais vexetación do espazo están os Castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur), amieiros (Alnus glutinosa), bidueiros (Betula alba), abeleiras (Corylus avellana), freixo de río (Fraxinus excelsior), salgueiros, pradairos (Acer pseudoplantanus), acevros (Ilex aquifolium), capudres, amarelles (Narcissus cyclamineus), uceiras, carbas, espiños, cerquiños (Quercus pyrenaica), arandos xunto cun bo número de especies arbustivas.

As especies de flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Especie
Narcissus asturiensis

Fauna[editar | editar a fonte]

Gabeador azul

Entre as especies interese comunitario do espazo están os quirópteros Myotis myotis e Rhinolophus ferrumequinum, así como outros 10 taxóns de aves, nos que se poden destacar Circus cyaneus e Circus pygargus.

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta monticola
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis emarginatus
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus euryale
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Especies máis comúns que se poden atopar neste espazo son o Xabarín, corzo, raposo, lobo, xeneta, donicela, garduña, esquío, rato de almiscre (Galemys pyrenaicus), gato bravo, numerosas especies de pequenos réptiles e anfibios, aves coma o azor (Accipiter gentilis), gabeador azul (Sitta europaea), rubideiro (Certhia brachydactyla), paporroibo real (Pyrrhula pyrrhula), gabián (Accipiter nisus), lontra (Lutra lutra), miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia caudal, falcón peregrino, e unha longa lista de pequenas aves insectívoras e granívoras, réptiles coma a saramaganta (Chioglossa lusitanica), o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) e invertebrados coma a vacaloura (Lucanus cervus), o caracol Elona quimperiana e a lesma Geomalacus maculosus.

Lexislación[editar | editar a fonte]

A Marronda foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.[4]

Turismo[editar | editar a fonte]

Pódese acceder a esta fraga percorrendo a “ruta da Marronda” na súa “variante da Marronda” GR-1.9. O camiño parte de Fonteo e desenvólvese entre castiñeiros e carballos por toda a Serra do Pozo, no concello de Baleira. Cómpre salientar a mesta fraga da Marronda, na derradeira etapa do camiño.

Outra forma de observar este bosque é dende a estrada local LU-750: aquí a fraga precipítase en vertical sobre a estrada que transcorre ó longo do río Martín, nun val encaixado e estreito. A mellor forma de achegarse son as estradas locais dende A Braña e Muíña na LU-750 Meira-Baralla.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120004 A Marronda". Consultado o 24/8/2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "A Marronda". Consultado o 24/8/2019.