Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A zona zepa da ría de Ribadeo, encadrada na reserva, preto da Veiga, antiga 'Veiga de Ribadeo'.

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, San Tirso de Abres, Vilanova de Oscos, Santalla de Oscos e Samartín de Oscos en Asturias. Ten unha extensión de 1595,889 km²[1] e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Descrición[editar | editar a fonte]

Vista do final da ría de Ribadeo (xa ría de Abres), na parte norte da reserva.

Inclúe a Reserva Natural Parcial da Ría de Ribadeo, Lugares de Importancia Comunitaria de Penarronda-Barayo (parcialmente), Ría de Ribadeo, Río Eo e Cunca do Agüeira, Zona de Especial Protección para as Aves Penarronda-Barayo e Ría de Ribadeo, incluíndo o Humedal Ramsar Ría de Ribadeo e o Monumento Natural da Praia de Penarronda[2].

Foi declarada o 19 de setembro de 2007 pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera).

O 11 de decembro de 2013 asinouse o Protocolo de Colaboración para a Coordinación da Xestión[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization. "Río Eo, Oscos y Terras de Buron". www.unesco.org. Consultado o 19/1/2016. 
  2. "Reserva de la Biosfera de la Ría del Eo, Oscos y Tierras de Burón" (PDF). Consultado o 19/1/2016. 
  3. "Anuncio do DOG nº 8 do 2016/1/14 - Xunta de Galicia". www.xunta.es. Consultado o 19/1/2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]