Darío Álvarez Limeses
Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico galego.
[editar] Traxectoria
Fillo de Emilio Álvarez Giménez, licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, afincouse en Tui como médico en 1905. Alí, paralelamente ao seu labor asistencial exerce un traballo xornalístico, social e político: Colaborou e presidiu diferentes sociedade culturais coma a Sociedade Artística ou a Venatoria; colaborou nos xornais La Integridad e La Correspondencia Gallega e fundou o semanario La Opinión. Era membro da Izquierda Republicana. Casou con María Blázquez Ballester o 15 de xuño de 1907. Tiveron seis fillos: Darío (1910), Celso (1913), Xosé María (1915), Alfonso (1917), Emilio (1919) e Álvaro (1921).
Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi parte activa da resistencia miñota, foi encarcerado e posteriormente fusilado na alameda tudense o 30 de outubro de 1936.