Walt Disney

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Walt Disney
Walt Disney NYWTS.jpg
Profesión: debuxante, produtor, director e guionista de filmes
País: Flag of the United States.svg Estados Unidos
Nado en: 5 de decembro de 1901
Lugar de nacemento: Chicago, Illinois
Faleceu en: 15 de decembro de 1966
Lugar: Burbank, California

Walter Elias "Walt" Disney (Chicago 1901Os Ánxeles 1966) foi un debuxante, produtor, director e guionista de filmes norteamericano. Un dos produtores cinematográficos máis coñecidos do mundo, Disney foi tamén un debuxante de cómics e caricaturista en xornais, creador do parque de atraccións coñecido como Disneyland, e é o fundador, co seu irmán Roy Disney de Walt Disney Productions. El e o seu equipo crearon unha manchea de personaxes animados coñecidos en todo o mundo, incluíundo o que se considera o seu alter ego, Mickey Mouse.

[editar] Biografía

Disney1968.jpg

De mozo traballou como vendedor de xornais, foi condutor de ambulancias en Italia durante a Primeira Guerra Mundial, á volta aos Estados Unidos funda con Ub Iwerks unha compañía de publicidade que fracasou, pero conseguíu entrar nun pequeno estudo onde facía traballos de encarga.
En 1922, Disney lanza Laugh-O-Grams, Inc., que produce curtametraxes animadas baseadas en contos populares e historias infantís, entre os seus empregados estaban Iwerks, Hugh Harman, Rudolph Ising, Carmen Maxwell e Friz Freleng. Os filmes son ben acollidos en Kansas, pero os custes superan aos beneficios, polo que o declárase en quebra en xullo de 1923. O seu irmán Roy convídao a trasladarse a Hollywood.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Ferramentas persoais