Steve Blake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steve Blake
Steve Blake.jpg
Los Angeles Lakers – No. 5
Base
Información persoal
Nacemento 26 de febreiro de 1980 (34 anos)
Flag of Florida.svg Hollywood, Florida
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 78 kg (172 lb)
Instituto Miami, Oak Hill Academy
Información da carreira
Universidade Maryland
NBA Draft 2003 / Rolda: 2 / Elección: 38

Escollido por Washington Wizards

Carreira dende 2003
Historial de equipos
Washington Wizards (2003–2005)
Portland Trail Blazers (2005–2006)
Milwaukee Bucks (2006–2007)
Denver Nuggets (2007)
Portland Trail Blazers (2007–2010)
Los Angeles Clippers (2010)
Información en nba.com

Matt Kelly Barnes, nado o 9 de marzo de 1980 en Hollywood, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga en Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Mide 1,91 metros e xoga na posición de base.

Carreira[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Blake asistiu ao Instituto de Miami e a Oak Hill Academy antes de comezar a xogar na Universidade de Maryland. Blake foi a base titular desde o primeiro día do seu ano freshman, sendo o primeiro xogador da ACC en compilar 1.000 puntos, 800 asistencias, 400 rebotes e 200 asistencias. Formou parella no perímetro con Juan Dixon, actual xogador de Toronto Raptors, no equipo que se alzou co campionato da NCAA en 2002 derrotando a Indiana Hoosiers. Finalizou o seu catro anos cos Terrapins como líder en asistencias con 972, o quinto en total de toda a historia da NCAA e cuarto da Atlantic Coast Conference. Porén, tamén foi o líder de Maryland en partidos disputados (136) e minutos xogados (4.312)

No seu ano senior, Blake fixo medias de 11,6 puntos e 7,1 asistencias, a sétima mellor marca da NCAA esa tempada; e como junior, as súas 7,9 asistencias por encontro alzáronlle ao segundo posto nacional. No seu ano sophomore, liderou a ACC en asistencias con 6,9 por partido, converténdose no primeiro Terrapin en conseguilo desde John Lucas en 1974. Como recoñecemento ao seu traballo, Blake foi nomeado en varios mellores quintetos durante a súa carreira universitaria, como o de mellor rookie e o defensivo, e no mellor da ACC no seu ano senior.

NBA[editar | editar a fonte]

Blake foi seleccionado no posto 38 do Draft da NBA de 2003 por Washington Wizards, facendo 5,9 puntos, 2,8 asistencias e 18,6 minutos en 75 partidos disputados. Na súa campaña sophomore, o tempo de xogo de Blake descendeu até os 14,7 minutos en só 44 encontros. En setembro de 2005, Blake asinou como axente libre por Portland Trail Blazers, reuníndose así de novo con Juan Dixon, compañeiro de Blake en Maryland. Na súa primeira tempada en Portland, converteuse no base titular do equipo e xogou un papel moi significante trala lesión de Sebastian Telfair. Blake pasou a xogar 68 partidos, 56 como titular, e a facer medias de 8,2 puntos, 4,5 asistencias, 2,1 rebotes en 26,2 minutos de xogo por partido.

En xullo de 2006, Blake foi traspasado xunto con Brian Skinner e Ha Seung-Jin a Milwaukee Bucks ha cambio de Jamaal Magloire. Só durou 33 partidos nos Bucks, xogando pouco e sendo traspasado o 11 de xaneiro de 2007 a Denver Nuggets por Earl Boykins e Julius Hodge. En xullo de 2007 regresou a Portland Trail Blazers fichando como axente libre. O 16 de febreiro de 2010, Blake foi traspasado a Los Angeles Clippers xunto con Travis Outlaw a cambio de Marcus Camby.[1] En xullo de 2010 asinou un contrato por catro anos e 16 millóns de dólares con Los Angeles Lakers.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]