Keith Bogans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Keith Bogans
Keith Bogans Bulls.jpg
Brooklyn Nets – No. 10
Escolta
Información persoal
Nacemento 12 de maio de 1980 (33 anos)
Flag of the United States.svg Washington, D.C.
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso 98 kg (215 lb)
Instituto DeMatha Catholic
Información da carreira
Universidade Kentucky
NBA Draft 2003 / Rolda: 2 / Elección: 43

Escollido por Milwaukee Bucks

Carreira dende 2003
Historial de equipos
Orlando Magic (2003-2004)
Charlotte Bobcats (2004-2006)
Houston Rockets (2006)
Orlando Magic (2006-2009)
Milwaukee Bucks (2009)
San Antonio Spurs (2009-2010)
Chicago Bulls (2010-2011)
New Jersey / Brooklyn Nets (2012-presente)
Información en nba.com

Keith Ramon Bogans, nado o 12 de maio de 1980 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).

Índice

Traxectoria profesional [editar]

Bogans cos Magic.

Orlando Magic [editar]

Bogans foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Milwaukee Bucks, pero foi traspasado o mesmo día do Draft aos Orlando Magic. Bogans xogou de titular na metade dos partidos na súa tempada coma rookie, acadando 6.8 puntos, 4.3 rebotes e 2.9 asistencias por partido.

Charlotte Bobcats [editar]

Os Magic decidiron traspasar a Bogans aos Charlotte Bobcats a cambio de Brandon Hunter o 1 de novembro de 2004. Bogans continuou medrando coma xogador para os Bobcats na tempada 2004-05, sendo titular en 42 de 76 partidos, e facendo 9.6 puntos por encontro.

Houston Rockets [editar]

O 9 de febreiro de 2006, Bogans foi traspasado aos Houston Rockets por Lonny Baxter. Coma curiosidade, Chuck Hayes e Gerald Fitch, antigos compañeiros de Bogans na Universidade de Kentucky, xunto a el mesmo, foron nalgún momento membros dos Rockets.

Segundo ciclo en Orlando [editar]

Bogans asinou de novo cos Magic en xullo de 2006 coma axente libre.[1]

O 22 de novembro de 2008, Bogans, de titular no primeiro partido[2] da tempada 2008-09, mancouse na súa man no partido contra os Houston Rockets.[3] Perderíase entre 4-6 semanas de liga.[3] Con todo, recuperouse moito antes do previsto, o 3 de decembro,[4] e coma se esperaba,[5] voltou o 5 de decembro contra os Oklahoma City Thunder, anotando 9 puntos en 26 minutos.[6][7]

Milwaukee Bucks e San Antonio Spurs [editar]

O 5 de febreiro de 2009, Bogans foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Tyronn Lue e diñeiro.[8][9]

Bogans asinou polos San Antonio Spurs en setembro de 2009.[10] Durante a tempada 2009-10 cos Spurs, Bogans anotou 17 puntos, a súa mellor marca da tempada contra os Minnesota Timberwolves o 13 de abril de 2010.[11]

Chicago Bulls [editar]

Bogans fichou polos Chicago Bulls o 11 de agosto de 2010.[12] Durante a tempada regular 2010-11, Bogans foi titular para os Bulls, e acadou 4.4 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias.

O 15 de marzo de 2011, Bogans anotou 17 puntos, mellor marca da tempada, na vitoria contra os Washington Wizards para axudar aos Bulls a asegurar a primeira praza da Conferencia Leste.[13] Bogans ademais anotou 15 puntos no quinto partido na primeira rolda dos Playoffs contra os Indiana Pacers, onde os Bulls conseguiron o seu pase á segunda rolda.[14]

En decembro de 2011, foi cortado polos Bulls.

New Jersey / Brooklyn Nets [editar]

O 1 de febreiro de 2012, os New Jersey Nets ficharon a Bogans. Tras unha lesión contra os Detroit Pistons o 8 de febreiro, foi cortado polos Nets uns días máis tarde,[15] pero asinou de novo con eles no verán de 2012.[16]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]