Seattle SuperSonics
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Seattle SuperSonics | |
|---|---|
| Conferencia | Conferencia Oeste |
| División | División Noroeste |
| Fundado en | 1967 |
| Historia | Seattle SuperSonics (1967-2008) Oklahoma City Thunder (dende 2008) |
| Cidade | Seattle |
| Cores | Verde, dourado, branco |
| Campionatos | 0 |
| Títulos de división | None |
- Este artigo trata sobre a desaparecida franquía dos Seattle SuperSonics, para a franquía actual véxase: Oklahoma City Thunder.
Os Seattle SuperSonics (coñecidos habitualmente tamén como Sonics) foron un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Seattle, Washington, que xogou nas divisións Pacífico e Noroeste da National Basketball Association (NBA) dende 1967 até 2008. A partir da tempada 2007-08, a franquía trasladouse a Oklahoma City, xogando agora co nome de Oklahoma City Thunder. Con todo, o nome do equipo, o logo e as cores estarán dispoñibles no caso da volta dun equipo a Seattle.[1] De acordo cos donos do equipo Oklahoma, a historia da franquía será compartida entre os Thunder e calquera novo equipo futuro de Seattle.[2]
Índice |