Brian Cook
| Axente libre | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de decembro de 1980 (32 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 113 kg (250 lb) |
| Instituto | Lincoln Community High School |
| Información da carreira | |
| Universidade | Illinois |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 24
Escollido por Los Angeles Lakers |
| Carreira | dende 2003 |
| Historial de equipos | |
| Los Angeles Lakers (2003–2007) Orlando Magic (2007–2009) Houston Rockets (2009–2010) Los Angeles Clippers (2010–2012) Washington Wizards (2012) |
|
| Información en nba.com | |
Brian Joshua Cook, nado o 4 de decembro de 1980 en Lincoln, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Na súa tempada coma rookie, Cook xogou pouco, xa que era suplente do pivot estrela Shaquille O'Neal, e maiormente xogaba polo interior, lanzando tan só cinco intentos de tres puntos dun total de 141 tiros de campo intentados. Con todo, Cook convertiuse nun xogador que podía xogar no perímetro, despois de que Shaq fora traspasado aos Miami Heat, e Phil Jackson deixara o posto de adestrador en favor de Rudy Tomjanovich. Foi usado coma especialista de triplas en moitas ocasións; 199 de 422, un 47.2% dos tiros de campo intentados foron dende a liña de 3 puntos. Cando retornou Phil Jackson aos Lakers na tempada 2005-06, Cook tirou dende o perímetro en menos ocasións, o que fixo que as porcentaxes de tiros de campo pasaran dun 41.7% na tempada 2004-05 a un 52.0% na 2005-06, e tamén mellorou a súa porcentaxe en tiros de 3 anotados, dun 39.2% a un 44.1%. A súa melloría no xogo fixo que tamén aumentaran os seus minutos de xogo, ata 19.4 minutos por encontro na tempada 2005-06.
O 20 de novembro de 2007, Cook e o seu compañeiro Maurice Evans foron traspasados aos Orlando Magic, a cambio de Trevor Ariza.[1]
O 19 de febreiro de 2009, Cook foi traspasado aos Houston Rockets nun traspaso a 3 bandas, no que estaban tamén os Memphis Grizzlies e os Orlando Magic. En Houston, Cook coincidiu un tempo co seu ex-compañeiro en Illinois Luther Head, antes de ser enviado este último aos Miami Heat.[2] O 19 de febreiro de 2010, Cook foi despedido polos Rockets.[3]
O 9 de xullo de 2010, Cook asinou polos Los Angeles Clippers.[4]
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Washington Wizards, nun traspaso a tres bandas entre os Wizards, os Los Angeles Clippers e os Denver Nuggets. O 28 de outubro de 2012, os Wizards cortaron a Cook.[5]
Notas [editar]
- ↑ Magic Acquire Brian Cook and Maurice Evans From L.A. Lakers Retrieved 2007-11-20
- ↑ "Magic to acquire Alston in 3-team deal". ESPN.com. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=3919268. Consultado o 2009-02-19.
- ↑ Cook to be Waived by Rockets.
- ↑ "CLIPPERS SIGN FREE AGENT FORWARD BRIAN COOK". NBA.com. 2010-07-09. http://www.nba.com/clippers/news/breakingnews_cook_100709.html. Consultado o 2010-07-10.
- ↑ Modelo:Citeweb
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Web oficial (en inglés)
- Estatísticas en basketball-reference.com (en inglés)
- Perfil en sportsstas.com (en inglés)
|
||||||||