Kendrick Perkins
| Oklahoma City Thunder – No. 5 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de novembro de 1984 (28 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 127 kg (280 lb) |
| Instituto | Clifton J. Ozen |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 27
Escollido por Memphis Grizzlies |
| Carreira | dende 2003 |
| Historial de equipos | |
| Boston Celtics (2003-2011) Oklahoma City Thunder (2011-presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× Campión da NBA (2008) | |
| Información en nba.com | |
Kendrick Perkins, nado o 10 de novembro de 1984 en Nederland, Texas, é un xogador de baloncesto dos Oklahoma City Thunder, equipo da NBA.
Traxectoria [editar]
Graduouse no instituto Clifton J. Ozen en Beaumont, Texas, en 2003. Durante a súa traxectoria no instituto liderou a Ozen High a conseguir catro campionatos de distritos consecutivos, ademais de un estatal. Conocíaselle coma Baby Shaq. En 2003, foi seleccionado para disputar o prestixioso All-American McDonald's.
En 2003, foi elixido no Draft da NBA de 2003 polos Memphis Grizzlies na posición 27ª, aínda que inmediatamente foi traspasado xunto con Marcus Banks a Boston a cambio de Troy Bell e Dahntay Jones. Gañou o anel de campión da NBA cos Boston Celtics na tempada 2007-08, ano no que fixo tamén as súas mellores medias ata entón, asinando 8.5 puntos, 8.1 rebotes e 2.0 tapóns por partido.
O 24 de febreiro de 2011, Perkins e Nate Robinson foron traspasados aos Oklahoma City Thunder a cambio de Jeff Green e Nenad Krstić.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||
|
||||||||