Kyle Korver
| Atlanta Hawks – No. 26 | |
| Escolta/Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de marzo de 1981 (32 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 96 kg (212 lb) |
| Instituto | Pella (Iowa) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Creighton |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 2 / Elección: 51
Escollido por New Jersey Nets |
| Carreira | dende 2003 |
| Historial de equipos | |
| Philadelphia 76ers (2003-2007) Utah Jazz (2007-2010) Chicago Bulls (2010-2012) Atlanta Hawks (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Keith Ramon Bogans, nado o 12 de maio de 1980 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Antes de ser o quinto máximo anotador da historia da Universidade de Creighton, Korver foi ao Pella High School en Iowa, onde máis tarde sería retirado o seu dorsal.
Korver foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2003 polos New Jersey Nets, e os seus dereitos foron traspasados na noite do Draft aos Philadelphia 76ers a cambio dunha compensación económica.[1]
Competiu en 2004 e 2005 no concurso de triplas do All Star Weekend, quedando tercero e segundo nos concursos respectivamente. Na tempada 2004-05, Korver quedou empatado na primeira praza da liga en triplas con Quentin Richardson, ambos con 226, tamén record na franquía dos 76ers.[2] Korver conseguiu a maior marca de anotación da súa carreira contra os Milwaukee Bucks o 24 de febreiro de 2006, con 31 puntos,[3] algo que repetiría o 21 de febreiro de 2007 contra os New York Knicks.[4] O 12 de xaneiro de 2006, anotou unha canastra no último segundo contra os Boston Celtics que mandou o partido á triple prórroga, onde finalmente gañarían os 76ers. O 26 de decembro de 2007, Korver foi traspasado dos Philadelphia 76ers aos Utah Jazz a cambio de Gordan Giriček e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[2][5]
O 13 de xullo de 2010, Korver asinou polos Chicago Bulls coma axente libre. Foi considerado un xogador para anotar triplas cando o partido está chegando ao seu final.[6] [7]
O 16 de xullo de 2012, Korver foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio dun trade exception e diñeiro.[8]
Notas [editar]
- ↑ New Jersey Nets Transactions 2002–03
- ↑ 2,0 2,1 Sixers Trade Korver to Jazz for Giricek, Future First-Rounder
- ↑ Korver's 31 Points Lifts 76ers Over Bucks
- ↑ Gelston, Dan (2007-02-21). "Korver Lights Up to Propel Sixers Past Knicks". NBA.com. http://www.nba.com/games/20070221/NYKPHI/recap.html. Consultado o 2007-04-09.
- ↑ Sixers send Korver to Utah in Giricek swap
- ↑ Korver's clutch shot cools Heat First-Rounder
- ↑ Sharpshooter Korver emerges as clutch performer
- ↑ HAWKS ACQUIRE KYLE KORVER FROM THE BULLS
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||