Monty Williams
| Monty Williams | |
|---|---|
| Posición | Aleiro |
| Dorsal | 2, 3, 5, 41 |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 102 kg (225 lb) |
| Nacemento | 8 de outubro de 1971 (41 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1994–2003 |
| NBA Draft | 1994 / Rolda: 1 / Elección: 24
Escollido por New York Knicks |
| Universidade | Notre Dame |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 2 884 |
| Rebotes | 1 296 |
| Asistencias | 544 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
| Adestrador | |
|
|
Tavares Montgomery (Monty) Williams, Jr., nado o 8 de outubro de 1971 en Fredericksburg, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional e actual adestrador dos New Orleans Hornets da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Xogador [editar]
Williams foi seleccionado na 24ª posición do Draft da NBA de 1994 polos New York Knicks. Xogou 9 tempadas na NBA, para os Knicks, San Antonio Spurs, Denver Nuggets, Orlando Magic e Philadelphia 76ers.
Na súa carreira na NBA, Williams xogou 456 partidos, e conseguiu un total de 2.884 puntos. O 8 de abril de 1997, conseguiu a mellor anotación da súa carreira, ao anotar 30 puntos contra os Denver Nuggets, sendo xogador dos Spurs.
Adestrador [editar]
En 2005, Williams foi contratado coma asistente polo novo adestrador dos Portland Trail Blazers, Nate McMillan.[1] O 7 de xuño de 2010, os New Orleans Hornets ofrecéronlle un contrato por tres anos para ser o seu adestrador.[2]
Notas [editar]
- ↑ Trail Blazers Name Monty Williams Assistant Coach, 1 de agosto de 2005
- ↑ "Blazers assistant Monty Williams is offered head coaching position by New Orleans". The Oregonian. 4 de xuño de 2010. http://blog.oregonlive.com/behindblazersbeat/2010/06/blazers_assistant_monty_willia_2.html. Consultado o 4 de xuño de 2010.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores New York Knicks
- Xogadores San Antonio Spurs
- Xogadores Denver Nuggets
- Xogadores Orlando Magic
- Xogadores Philadelphia 76ers
- Aleiros de baloncesto
- Adestradores New Orleans Hornets
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto