Luke Ridnour
| Minnesota Timberwolves – No. 13 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de febreiro de 1981 (32 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
| Peso | 79 kg (175 lb) |
| Instituto | Blaine |
| Información da carreira | |
| Universidade | Oregon |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 14
Escollido por Seattle SuperSonics |
| Carreira | dende 2003 |
| Historial de equipos | |
| Seattle SuperSonics (2003–2008) Milwaukee Bucks (2008-2010) |
|
| Información en nba.com | |
Lucas Robin "Luke" Ridnour, nado o 13 de febreiro de 1981 en Coeur d'Alene, Idaho, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actúa en Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA) na posición de base. É fillo de Rob Ridnour, antigo adestrador de instituto e actual adestrador de Bellingham SLAM da ABA.
Índice |
Carreira [editar]
High School [editar]
Co Instituto Blaine gañou dous campionatos estatais e foi nomeado All-American por McDonald's e Parade en 2000, o ano da súa gradación.
Universidade [editar]
Ridnour asistiu á Universidade de Oregon, onde era a estrela do equipo. Compartiu vestiario con Luke Jackson, actual xogador da NBA, e guiou en dúas ocasións aos Ducks ao torneo da NCAA, incluído ao Elite 8 en 2002. Posúe a marca de máis asistencias de Oregon con 218 e conseguiu a marca de conferencia de máis tiros libres anotados consecutivos (62). Abandonou Oregon tras o seu ano junior (terceiro), cando foi nomeado xogador do ano da Pacific Ten Conference. Tras o seu último partido cos Ducks, o pavillón enteiro coreoulle "un ano máis". A pesar diso, Ridnour declarouse elixible para o Draft da NBA.
NBA [editar]
Foi seleccionado por Seattle SuperSonics na 14ª posición do Draft de 2003, xogando con moderación no seu primeiro ano na liga. En 2005 participou no Rookie Challenge e no Skills Challenge do All-Star Weekend. Na súa segunda tempada xogou os 82 partidos de liga, todos eles de titular, facendo 10 puntos e 5,9 asistencias. Nos seus dúas seguintes campañas superou os 11 puntos de anotación en media e as 5 asistencias, converténdose na base titular do equipo. O seu mellor partido en anotación chegou o 13 de novembro de 2006, anotando 32 puntos ante New Jersey Nets.
O 13 de agosto de 2008 foi traspasado a Milwaukee Bucks nun traspaso a tres bandas que enviaba a Maurice Williams a Cleveland Cavaliers e cinco xogadores a Oklahoma City Thunder.[1] O 21 de xullo de 2010 asinou un contrato cos Minnesota Timberwolves por catro anos e 16 millóns de dólares.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||