Darius Songaila
| Galatasaray – No. 25 | |
| Ala-pivote/Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de febreiro de 1978 (34 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 93 kg (205 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Wake Forest |
| NBA Draft | 2002 / Rolda: 2 / Elección: 50
Escollido por Boston Celtics |
| Carreira | dende 2002 |
| Historial de equipos | |
|
|
Darius Songaila, nado o 14 de febreiro de 1978 en Kapsukas, RSS de Lituania, Unión Soviética, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga no Galatasaray da liga turca. É ademais membro da selección lituana de baloncesto.
Índice |
NBA [editar]
Songaila foi seleccionado na 50ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Boston Celtics, quenes traspasaron os seus dereitos aos Sacramento Kings.[1]
Xogou no CSKA Moscova na tempada 2002-03, onde gañou a Superliga de baloncesto de Rusia.
Songaila fichou polos Sacramento Kings en xuño de 2003. Fixo 6.1 puntos e 3.7 rebotes en 154 partidos (28 de titular) cos Kings en dúas tempadas.
Songaila asinou un acordo por un ano cos Chicago Bulls en setembro de [[2005]. Tivo a tempada máis exitosa da súa carreira cos Bulls, onde acadou 9.2 puntos e 4.0 rebotes en 62 partidos, 7 deles coma titular. Con todo, sufriu unha lesión no nocello en marzo de 2006 e perdeuse os últimos 20 partidos.
O 17 de xullo de 2006, Songaila fichou polos Washington Wizards. O acordo foi de 5 anos cun valor de 23 millóns de dólares.[2] Perdeuse os primeiros 45 partidos tras a operación dunha hernia discal, e fixo 7.6 puntos e 3.6 rebotes en 37 partidos.
Finalmente, Songaila se convertiría nunha gran opción no banco dos Wizards e un titular ocasional. Acadou 6.2 puntos e 3.4 rebotes na tempada 2007-08. Ao remate da tempada 2008-09, Songaila convertiuse en titular debido ás lesións dos seus compañeiros Brendan Haywood e Andray Blatche. Xogou de inicio en 29 partidos, facendo 7.4 puntos e capturando 2.9 rebotes.
O 23 de xuño de 2009, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto a Oleksiy Pecherov, Etan Thomas, e unha elección de primeira rolda do Draft, a cambio de Randy Foye e Mike Miller.[3]
O 9 de setembro de 2009, foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto con Bobby Brown, a cambio de Antonio Daniels e unha elección da segunda rolda do Draft de 2014.[4]
O 23 de setembro de 2010, foi traspasado aos Philadelphia 76ers xunto ao ala-pivote rookie Craig Brackins a cambio de Willie Green e Jason Smith.[5]
En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano co Galatasaray da liga turca.[6]
Notas [editar]
- ↑ "NBA Draft Board". NBA.com. http://www.nba.com/draft2002/board/index.html. Consultado o 2011-01-29.
- ↑ "Agent: Songaila signs 5-year, $23M deal with Wizards". http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=2522205.
- ↑ "Source: Foye, Miller head to Wiz". 2009-06-24. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=4282279. Consultado o 2010-09-23.
- ↑ "HORNETS ACQUIRE SONGAILA, BROWN FROM TIMBERWOLVES". NBA.com. 2009-09-09. http://www.nba.com/hornets/news/hornets_acquire_songaila_brow_2009_09_09.html. Consultado o 2009-09-09.
- ↑ "Rookie Craig Brackins traded to 76ers". 2010-09-23. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=5607517. Consultado o 2010-09-23.
- ↑ Galatasaray lands big man Songaila
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||