Darko Miličić
| Minnesota Timberwolves – No. 31 | |
| Pivote/Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de xuño de 1985 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
| Peso | 125 kg (275 lb) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 2
Escollido por Detroit Pistons |
| Carreira | dende 2001 |
| Historial de equipos | |
| KK Hemofarm (2001-2003) Detroit Pistons (2003-2006) Orlando Magic (2006-2007) Memphis Grizzlies (2007-2009) New York Knicks (2009-2010) Minnesota Timberwolves (2010-presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× Campión da NBA (2004) | |
| Información en nba.com | |
Darko Miličić, nado o 20 de xuño de 1985 en Novi Sad, Serbia, RFS Iugoslavia, é un xogador de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).
Índice |
[editar] Traxectoria profesional
Miličić foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Detroit Pistons por detrás de LeBron James, e por delante de xogadores do nivel de Carmelo Anthony, Chris Bosh e Dwyane Wade. Porén, Miličić nunca recibiu moitos minutos de xogo nas dúas tempadas e media que estivo no equipo, así que foi traspasado aos Orlando Magic xunto ao base Carlos Arroyo a cambio de Kelvin Cato e unha elección de primeira rolda do Draft de 2007 (Rodney Stuckey).[1]
O 12 de xullo de 2007, o primeiro día de axencia libre, Miličić asinou cos Memphis Grizzlies un contrato de tres anos, por valor de 21 millóns de dólares.[2]
O 25 de xuño de 2009, Miličić foi traspasado aos New York Knicks a cambio de Quentin Richardson e diñeiro.[3] O 17 de decembro de 2009, dixo que a súa intención era deixar a NBA e volver ao baloncesto europeo na seguinte tempada.[4]
O 17 de febreiro de 2010, Miličić foi traspasado aos Minnesota Timberwolves a cambio de Brian Cardinal.[5] O 1 de xullo, os Timberwolves e Miličić acordaron unha ampliación de contrato por 4 anos e 20 millóns de dólares.
[editar] Notas
- ↑ (2006-02-22) Pistons get Cato, first-round pick for Darko, Arroyo. ESPN.
- ↑ Milicic, Grizzlies agree on three-year deal 11 de xullo de 2007
- ↑ Knicks Trade For Former No. 2 Overall Pick Milicic. NBA.com (2009-06-25). Consultado o 2009-06-28.
- ↑ Berman, Marc. "Darko plans European return as he can't get off Knicks bench", New York Post, 2009-1217-25. Consultado o 2009-12-17.
- ↑ Wolves Acquire Darko Milicic from New York. NBA.com (2010-02-17). Consultado o 2010-02-18.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)
|
|||||
|
||||||||