Tyronn Lue
| Tyronn Lue | |
|---|---|
| Posición | Base |
| Dorsal | 10 |
| Altura | 1,83 m (6 ft 0 in) |
| Peso | 79 kg (175 lb) |
| Nacemento | 3 de maio de 1977 (36 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1998–2009 |
| NBA Draft | 1998 / Rolda: 1 / Elección: 23
Escollido por Denver Nuggets |
| Universidade | Nebraska |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 4 710 |
| Rebotes | 943 |
| Asistencias | 1 727 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
Tyronn Jamar Lue, nado o 3 de maio de 1977 en Mexico, Misuri, é un ex xogador norteamericano de baloncesto profesional e actual adestrador asistente dos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria [editar]
Universidade [editar]
Durante tres anos xogou na Universidade de Nebraska, onde rematou sendo o terceiro xogador con máis asistencias dos Cornhuskers de toda a historia. Promediou 15,9 puntos, 4,4 asistencias e 3,4 rebotes por partido.
NBA [editar]
Foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Denver Nuggets, pero foi traspasado ao intre, xunto con Tony Battie a Los Angeles Lakers a cambio de Nick Van Exel. Nos seus 3 primeiros anos nos Lakers apenas puido xogar debido ás lesións, pero en 2001 foi unha peza chave nos playoffs da NBA, sendo usado pola súa rapidez para frear á estrela do equipo dos Sixers Allen Iverson, conseguindo o seu ata agora único anel de campión da NBA.
Ao remate desa tempada foi traspasado aos Washington Wizards, onde permaneceu 2 tempadas, antes de pasar polos Orlando Magic e os Houston Rockets, para acabar establecéndose nos Atlanta Hawks, onde disputou 3 tempadas con eles.
O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Shelden Williams, Anthony Johnson, Lorenzen Wright e un segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby. Tras ser cortado a principios de marzo, o base fichou polos Dallas Mavericks.[1] O 17 de xullo de 2008 asinou cos Milwaukee Bucks.[2]
O 5 de febreiro de 2009 foi traspasado a Orlando Magic a cambio de Keith Bogans e diñeiro.[3]
Logros persoais [editar]
Curiosidades [editar]
- A súa nai, Kim Miller, é a persoa á que máis admira.
- Ten catro irmáns.
- A pasta é o seu prato favorito e desfruta xogando aos bolos.
- Detroit Lions é o seu equipo non-NBA favorito.
- Gústalle escoitar a Lil Wayne e Jay-Z.
- No cine, quédase con Chris Tucker e Eddie Murphy coma actores, e Halle Berry coma actriz.
Notas [editar]
- ↑ Eddie Sefko, Tyronn Lue on way to Dallas Mavericks, Dallas News
- ↑ BUCKS: Bucks sign Tyronn Lue and Malik Allen
- ↑ [1] Orlando Magic trade Keith Bogans for former Magic guard Tyronn Lue
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores Los Angeles Lakers
- Xogadores Washington Wizards
- Xogadores Orlando Magic
- Xogadores Houston Rockets
- Xogadores Atlanta Hawks
- Xogadores Dallas Mavericks
- Xogadores Milwaukee Bucks
- Eleccións draft Denver Nuggets
- Bases de baloncesto
- Adestradores asistentes Boston Celtics
- Nados en Misuri