Craig Brackins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Craig Brackins
CraigBrackensLayup.jpg
Angelico Biella
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 9 de outubro de 1987 (27 anos)
Flag of California.svg Lancaster, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 104 kg (230 lb)
Instituto Brewster Academy
Información da carreira
Universidade Iowa State
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 21

Escollido por Oklahoma City Thunder

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2010-2012)
Springfield Armor (D-League) (2010-2011)
Maine Red Claws (D-League) (2012)
Maccabi Ashdod B.C. (2011)
Angelico Biella (2012-presente)

Craig Lee Brackins, nado o 9 de outubro de 1987 en Lancaster, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Angelico Biella da Lega Basket Serie A. Xogou na universidade para os Iowa State Cyclones.[1]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elexido na 21ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Oklahoma City Thunder. O 8 de xullo de 2010, foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto ao tamén rookie Quincy Pondexter a cambio dos dereitos de Cole Aldrich e Morris Peterson..[2]

O 23 de setembro de 2010, foi traspasado outra vez aos Philadelphia 76ers xunto con Darius Songaila a cambio de Willie Green e Jason Smith.[3]

O 30 de novembro de 2010, Brackins foi asignado aos Springfield Armor da NBA Development League.[4] En 5 partidos cos Armor, Brackins acadou 17.2 puntos e 8.6 rebotes.[5] O 12 de decembro de 2010 foi chamado de volta polos 76ers.[6] Foi enviado outra vez a Springfield o 15 de xaneiro de 2011,[7] e rechamado polos 76ers o 7 de febreiro de 2011.[8] Foi enviado outra vez aos Armor o 24 de marzo de 2011.[9]

Israel[editar | editar a fonte]

Durante o lockout de 2011, Brackins asinou en agosto co Maccabi Ashdod B.C. da Ligat ha'Al de Israel.[10]

Notas[editar | editar a fonte]