Carlos Delfino
| Houston Rockets – No. 10 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de agosto de 1982 (30 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 104 kg (230 lb) |
| Información da carreira | |
| Pre-draft club | Fortituto Bologna (Italia) |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 25
Escollido por Detroit Pistons |
| Carreira | dende 1998 |
| Historial de equipos | |
| Olimpia (1998–1999) Arx. Unión de Santa Fe (1999–2000) Arx. Reggio Calabria (2000–2002) LEGA Skipper Bologna (2002–2004) LEGA Detroit Pistons (2004–2007) Toronto Raptors (2007-2008) Khimki Moscova (2008-2009) БC Milwaukee Bucks (2009-2012) Houston Rockets (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Carlos Francisco Delfino, nado o 29 de agosto de 1982 en Santa Fe, Arxentina, é un xogador profesional de baloncesto que xoga para os Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Foi unha das figuras da selección arxentina que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e a medalla de Bronce en Pequín 2008. Mide 1,98 metros e pesa 104,3 quilogramos.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Foi elixido vixésimo quinto na primeira rolda do draft da NBA por Detroit Pistons no Draft de 2003. É o único xogador arxentino da historia que foi elixido nesta rolda. Na tempada 2007-08 da NBA xogou para os Toronto Raptors, onde cumpriu a súa mellor campaña na NBA no seu rol de sexto home. Na tempada 2008-09 marchouse a Europa a xogar no Khimki BC da Superliga rusa onde se converteu nun dos xogadores mellor pagados de Europa.
O 18 de agosto de 2009, os Raptors asinaron e traspasaron a Delfino ós Milwaukee Bucks xunto a Roko Ukić, a cambio de Amir Johnson e Sonny Weems.[1]
O 20 de agosto de 2012, Delfino asinou un contrato cos Houston Rockets.[2]
Selección Arxentina [editar]
Debutou na selección o 13 de xullo de 2004 contra Paraguai no Sudamericano de Campos de Brasil. As súas presenzas internacionais en seleccións foron no Sudamericano de Cadetes de 1997 e 1998, Sudamericano Xuvenil do 2000, Panamericano Sub 21 de 2000, Mundial Sub 21 de 2001, Sudamericano 2004, Xogos Olímpicos de 2004, Torneo Preolímpico de 2007 e Xogos Olímpicos de 2008.
Notas [editar]
- ↑ "BUCKS COMPLETE TRADE WITH RAPTORS". NBA.com. 18 de agosto de 2009. http://www.nba.com/bucks/news/bucks_raptors_trade_090818.html. Consultado o 18 de agosto de 2009.
- ↑ Rockets Sign Carlos Delfino
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||