Dahntay Jones
![]() |
|
| Atlanta Hawks – No. 30 | |
| Escolta / Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de decembro de 1980 (32 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Instituto | Steinert |
| Información da carreira | |
| Universidade | Duke |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 20
Escollido por Boston Celtics |
| Carreira | dende 2003 |
| Historial de equipos | |
| Memphis Grizzlies (2003-2007) Sacramento Kings (2007-2008) Denver Nuggets (2008-2009) Indiana Pacers (2009-2012) Dallas Mavericks (2012-2013) Atlanta Hawks (2013-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Dahntay Lavall Jones, nado o 27 de decembro de 1980 en Trenton, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga actualmente nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Boston Celtics, quenes traspasaron os seus dereitos xunto cos de Troy Bell aos Memphis Grizzlies, a cambio dos dereitos de Kendrick Perkins e Marcus Banks. Jones xogou as súas primeira catro tempadas coma profesional nos Grizzlies, acadando 5.0 puntos por partido.
Na tempada 2006-07, ningún equipo lle fichou ata o 26 de setembro de 2007, cando Jones asinou un contrato non garantido cos Boston Celtics,[1] pero foi despedido polo equipo pouco máis tarde, o 25 de outubro de 2007.[2]
Jones asinou cos Sacramento Kings o 10 de decembro de 2007.[3] Foi cortado o 16 de febreiro de 2008. Asinou cos Denver Nuggets en xullo de 2008 para a tempada 2008-09.[4] Durante a súa estancia nos Nuggets, Jones mellorou as súas habilidades e xogou de titular en 72 partidos. Xogou cos Denver Nuggets que chegaron ás finais da Conferencia Oeste en 2009. O 14 de xullo de 2009, Jones asinou un contrato cos Indiana Pacers.
O 12 de xullo de 2012, foi traspasado ós Dallas Mavericks.[5]
O 21 de febreiro de 2013, Jones foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Anthony Morrow.[6]
Jones é o curmán de Al Harrington, xogador dos Orlando Magic.[7]
Notas [editar]
- ↑ Peter May, Camp Roster Set, The Boston Globe
- ↑ Gary Dzen, C's waive Jones, Manuel, The Boston Globe
- ↑ Sacramento Kings - Kings sign former Grizzlie - sacbee.com
- ↑ Nuggets Sign Dahntay Jones
- ↑ It's Official: Pacers Trade Mahinmi for Collison, Jones
- ↑ "Mavericks deal for guard Anthony Morrow". NBA.com. 21 de febreiro de 2013. http://www.nba.com/mavericks/news/mavericks-deal-guard-anthony-morrow. Consultado o 22 de febreiro de 2013.
- ↑ http://www.hoopsworld.com/Story.asp?story_id=12766
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||
