Museo van Gogh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo van Gogh
Fachada do Van Gogh Museum
Coordenadas52°21′30.30″N 4°52′51.90″L / 52.3584167, -4.8810833
PaísPaíses Baixos Países Baixos
CidadeÁmsterdam
DirectorAxel Rüger
Construción1963
Inauguración1973
Visitantes1.451.139 (2009)
Na rede
http://www.vangoghmuseum.nl/
Facebook: VanGoghMuseum Twitter: vangoghmuseum Instagram: vangoghmuseum Youtube: UCmh8ObfC7uNs-wSSR2KoFsg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo van Gogh é unha pinacoteca situada na praza do Museumplein en Ámsterdam (Países Baixos), que alberga obras do pintor neerlandés Vincent van Gogh e dos seus contemporáneos. Ten a máis grande colección de pinturas e debuxos de Van Gogh do mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

Os comedores de patacas.
Vaso con quince xirasoles, 1889.

Ao morrer Vincent van Gogh, á idade de 37 anos, deixou o extenso legado de aproximadamente 900 pinturas e uns 1.100 debuxos. Destes lograra vender moi poucos e regalando algúns ás súas amizades. Tódolos seus bens foron finalmente herdados polo seu irmán máis novo, o comerciante de arte Theo van Gogh. Que ademais das obras do seu irmán Vincent, coleccionou obras doutros importantes artistas como Paul Gauguin, Henri de Toulouse-Lautrec, Léon Lhermitte e Jean-François Millet. Lamentablemente Theo morreu un ano despois de Vincent, polo que a herdanza foi administrada pola súa viúva, Johanna van Gogh.

A muller, tras marchar do país, volveu aos Países Baixos, onde organizou as primeiras exhibicións coas obras de Van Gogh, contribuíndo moito á difusión e o coñecemento público do artista. En 1905 tivo lugar a primeira grande exposición, no Stedelijk Museum en Ámsterdan, xa que o gran Rijksmuseum se negou a aceptar ás obras de Vincent en préstamo.

Debido a que o pintor fixera varias versións de mesmos temas, Johanna van Gogh puido vender algunhas das pinturas da colección, sen dar a impresión xeral de reducila, ademais promoveu a publicación das cartas do seu marido en varios idiomas.

Despois da morte de Johanna, o seu fillo, o enxeñeiro Vincent Willem van Gogh (1890-1978), herdou a colección, poñendo a colección a disposición de varios museos en calidade de préstamo, ata que en 1960 creou a Fundación Vincent Van Gogh, á que encomendou a colección. As pinturas exhibíronse en exposición permanente no Stedelijk Museum, até que en 1973 o Museo van Gogh abriu as súas portas.

Edificios[editar | editar a fonte]

O museo consta de dous edificios. A construción orixinal é obra do arquitecto holandés Gerrit Rietveld (1888-1964), inaugurado en 1973. O arquitecto da á de exposicións foi Kisho Kurokawa, sendo terminada en 1999 por Gojko.

Colección[editar | editar a fonte]

O museo posúe máis de 200 pinturas de Vincent van Gogh, de tódolos seus períodos de creación, e uns 400 debuxos. Entre as obras principais expostas atópanse Os comedores de patacas, O dormitorio en Arles e unha das versións dos xirasoles.

Ademais, o museo ten a custodia da maioría das cartas de Vincent van Gogh. A colección de obras de artistas do século XIX iniciada por Theo van Gogh foi ampliada continuamente con recursos da fundación, de modo que o museo conta con obras de artistas como: Lawrence Alma-Tadema, Émile Bernard, Gustave Boulanger, Jules Breton, Gustave Caillebotte, Gustave Courbet, Thomas Couture, Charles-François Daubigny, Maurice Denis, Paul Gauguin, Jozef Israëls, Johan Barthold Jongkind, Édouard Manet, Anton Mauve, Jean-François Millet, Claude Monet, Camille Pissarro, Pierre Puvis de Chavannes, Odilon Redon, Georges Seurat, Paul Signac, Henri de Toulouse-Lautrec, Kees van Dongen e Franz von Stuck.

Obras en exhibición[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]