Camille Corot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato en 1830
Jean-Baptiste Camille Corot por Nadar

Jean-Baptiste Camille Corot, nacido o 17 de xullo 1796 en París e morto o 22 de febreiro 1875 en Ville-d'Avray (Francia), foi un pintor francés da escola de Barbizon e tuvo influencia nos impresionistas.

Biografia[editar | editar a fonte]

Estudou pintura com Victor Bertin, un mestre da paisaxe clássica. De 1825 a 1828 completou a súa formación en Italia, deténdoe especialmente en Roma. De volta a Francia percorreu varios locais da Normandía e da Borgoña. Voltou a Italia dúas veces e visitou Suíza, Holanda e Inglaterra.

Na primeira estancia na Italia, Corot executou ao ar libre esbozos ao óleo, notábeis pola espontaneidade, polo colorido luminoso e pola composición despoxada do rigor neoclásico, como as telas "Vista do Fórum" e "O Coliseu". Eses dous traballos resumem a arte neoclásica de Corot, marcada polo cuidado coa construción lóxica dos planos e co ritmo equilibrado dos volumes e dos espazos, e a luminosidade que paira sobre as ruínas.

Na mesma época, as pinturas feitas no seu taller son convencionais e de tons sombríos. Mais, ao chegar a 1830, Corot abraza completamente as paisaxes máis claras, especialmente escenas da floresta de Fontainebleau.

Na segunda fase italiana, pintou paisaxes de composición máis requintada e de colorido máis denso que as da fase inicial, fixando a rexión da Toscana en telas austeras, e Veneza e a rexión dos lagos en paisaxes cheias de bruma.

A partir de 1840 a reputación de Corot comezou a se afirmar, e pasou a recibir encargos oficiais, ata que súa obra foi aceptada e eloxiada pola crítica.

O método dun mestre[editar | editar a fonte]

Durante a primavera e o verán Corot facía esbozos, verdadeiros rexistros de impresions paisaxísticas que perseguia incansabelmente. No inverno, transcribía eses esbozos en composicións cuidadosas, incorporando figuras bíblicas ou mitolóxicas. Eses trabalos granxeáronlle distincións oficiais nos salóns de 1833, 1846, 1848 e 1855, o que consagrou a súa arte.

A década de 1845-1855 marca unha transición na súa pintura. Desa época datan algúns de seus máis belos traballos, como "Rochelle, entrada do porto" e "Lembranza de Mortefontaine", que marca o apoxeo desa fase, na cal a paisaxe parece coberta dun vou diáfano, tendo os vexgetais um brillo de perla que dá a impresión de humidade e transparencia.

Mais Corot tamém foi un hábil retratista, principalmente de meniños. Esas obras, aínda que non foran apreciadas polor seus contemporáneos, hoxe están concideradas como importantes producións.

Até a fin da vida, Corot produciu gran cantidade de paisaxes poéticas, para atender a crecente demanda do público. Ao mesmo tempo, pintaba paisaxes de composición máis clara e colorido máis rico, que lembraban a súa fase inicial, como o estudo "Catedral de Sens", pintado pouco antes de súa morte.

Nas paisaxes clásicas, Corot adoitaba usar laca amarela. Outro trazo particular de súa obra é o tratamento opaco da pintura, nunha mestura uniforme de branco. Nos esbozos, a pasta é abundante, con vigorosas pinceladas.

Subestimado no inicio do século XX, Corot é considerado, actualmente, un dos mestres do século XIX. A súa obra, impregnada de romantismo, influíu nos impresionistas. Além dos cuadros ao óleo, produciu deseños a lápis e pluma.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Camille Corot