Ramsgate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
‎

Ramsgate é unha localidade costeira inglesa no distrito de Thanet, ao oeste do condado Kent. Foi un importante porto británico durante o século XIX e pertence á confederación dos "Cinque Ports". A poboación estimada en 1989 foi de 38.200 habitantes.

As principais industrias son o turismo e a pesca, aínda que existe unha pequena industria lixeira. Tamén hai que destacar a fonte de ingresos da ensinanza do inglés como lingua estranxeira.

As dúas igrexas principais son a parroquia de St. Lawrence, adicada a San Lourenzo e construída no século XII e posteriormente reconstruída no século XII. A igrexa de St. Augustine foi construída no século XIX en estilo neoclásico, e foi adicada a san Agostiño (primeiro arcebispo de Canterbury), que estivo en Ramsgate no 596 d.C e cristianizou Britania.