Tilburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tilburg
Bandeira de Tilburg Escudo de Tilburg
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Situación de Tilburg respecto do Brabante do Norte
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: North Brabant-Flag.svg Brabante do Norte
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
119,15 km²
119,15 km²
1,85 km²
Poboación
Poboación: 203.482 (2008)
Densidade: 2.421 hab/km2
Información
Código postal: 5000-5049, 5056, 5070, 5071
Alcalde: Ruud Vreeman (PvdA)
Sitio na web: www.tilburg.nl

Tilburg é un municipio e unha cidade situada da provincia do Brabante do Norte, no sur dos Países Baixos. O municipio inclúe a propia Tilburg, e as vilas contiguas de Berkel-Enschot e Udenhout. Cunha poboación de 203.482 habitantes en 2008, Tilburg é a sétima cidade máis poboada dos Países Baixos, e a segunda do Brabante do Norte, só por detrás de Eindhoven. O concello de tamén inclúe os núcloes de poboación de Berkel-Enschot e Udenhout.

Historia[editar | editar a fonte]

Estatua de Guillerme II en Tilburg

As primeiras referencias históricas de Tilburg falan de cando esta localidade foi nomeada señorío no século XIV. O señorío adquiriu o nome de "Tilburg e Goirle", e estendíase polo que hoxe son estas dúas localidades. Un século máis tarde, Jan van Haestrecht, señor de Tilburg, construiría un dos signos de identidade da cidade, o Castelo de Tilburg, que aparece no escudo de armas da cidade. En 1803 Goirle separouse de Tilburg, recibindo o 18 de abril de 1809 os dereitos de ciidade, tendo nese ano arredor de 9.000 habitantes.

En 1858 o devandito castelo foi derrubado para construír unha fábrica.

Guillerme II[editar | editar a fonte]

O rei Guillerme II sentiu unha especial predilección pola cidade, na que adoitaba pasar longas tempadas afastado do bulicio d'A Haia. Foi un grande benfeitor da cidade, mellorando a industria téxtil, construíndo numerosas granxas e achegando financiamento ao Concello. Foi el quen comezou a construción do palacio de Tilburg, que pensaba utilizar como residencia, mais nunca o chegou a utilizar xa que morrería poucos anos antes da súa terminación. Este palacio de Tilburg é hoxe parte do concello.

Como curiosidade o equipo de fútbol de Tilburg, que milita a primeira división neerlandesa, toma o nome de Willem II (en neerlandés Guillerme II) en honra ao rei.

Economía téxtil[editar | editar a fonte]

Vista aérea de Tilburg
A Igrexa de Heuvel, a principal igrexa de Tilburg

Tilburg probablemente xurdiu ao redor dun dos lugares de reunión do gando lanar. A forma triangular dalgunhas das súas prazas históricas revela o seu pasado como encrucillado de camiños gandeiros.

A produción de la, principal fonte de ingresos dos gandeiros de Tilburg, propiciou a aparición de teares manuais, que no século XVII chegaron a ser máis de 300. En torno ao século XVIII introduciuse o muíño de vento nos teares mellora que ampliou considerablemente a produción da cidade. En 1881, Tilburg contaba con 145 para a produción de la.

A cidade mantívose como a capital da la dos Países Baixos até o colapso dos anos 60 do século XX, tras o cal a cidade reconverteu o seu tecido industrial, diversificándoo de maneira considerábel.

Institucións de Tilburg[editar | editar a fonte]

Torre Westpoint
  • Tilburg é a sede da Universidade de Tilburg (Universiteit van Tilburg), considerada por moitos a mellor dos Países Baixos en Economía e Dereito. No campo de economía e administración de empresas, é considerada pola European Economic Association como a mellor universidade de Europa
  • O museo de arte moderno De Pont ten a súa localización en Tilburg.
  • De Efteling, o maior e máis famoso parque temático dos Países Baixos está a 10 km do centro da cidade.
  • Interpolis, importante grupo asegurador asociado a Rabobank ten a súa sede en Tilburg.
  • O Museo Téxtil dos Países Baixos (Nederlands Textielmuseum) localízase en Tilburg.
  • A academia de rock (rockacademie), a maior dos Países Baixos está preto do centro da cidade. Desta academia saíron algunhas figuras prominentes do rock holandés contemporáneo.
  • A torre Westpoint álzase como un coloso preto da estación central de Tilburg. Coas seus 140 metros, é o terceiro edificio máis alto dos Países Baixos, o máis alto de carácter residencial. Foi completado en 2004.



Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tilburg