Dordrecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°49′N 4°40′E / 51.817°N 4.667°E / 51.817; 4.667

Dordrecht
Flag of Dordrecht.svg Coat of arms of Dordrecht.svg
Dordrecht luchtfoto 01.jpg
Vista aérea
Situación xeográfica
Dordrecht en Países Baixos
Dordrecht
Dordrecht
País Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
Xeografía
Altitude 1 msnm
Superficie 99,47 km²
Poboación
Poboación 118.782 hab. (2014)
Densidade 1.503 hab/km²
Xentilicio Dordtenaar
Información
Código postal 3300–3329
Alcalde Arno Brok (VVD)
Páxina web Páxina oficial

Dordrecht (en neerlandés [ˈdɔr.drɛχt] (AFI)Nl-Dordrecht.ogg escoitar) é unha poboación de Holanda Meridional, nos Países Baixos. Conta con 118.390 habitantes (segundo informes do 31 de decembro de 2008) e é a terceira cidade máis poboada da provincia despois de Róterdam, A Haia. Case coa mesma poboación que Zoetermeer.

Foi fundada en 1008 por Dirk III e até 1200 non se lle conferiu o título de cidade, ao converterse en residencia dos Condes de Holanda. Durante a baixa idade media tivo gran importancia comercial, en competencia con Bruxas. Isto debeuse aos beneficios concedidos polos Condes de Holanda, que a fixeron unha importante partícipe no comercio hanseático, de forma que se estabeleceron nela comerciantes ingleses, bálticos e de Aquitania. Foi nesta cidade onde en 1572 proclamar a independencia das Provincias Unidas e onde en 1618 un sínodo reformado estableceu as bases da Igrexa Holandesa de tendencia calvinista, ao que seguiu inmediatamente unha persecución relixiosa contra os protestantes arminianos, que acabou coa execución, encarceramento ou exilio de moitos deles.

Na actualidade é un importante centro industrial diversificado (construción naval, electrónica, produtos alimentarios e abonos, química, maquinaria pesada) e un importante porto fluvial sobre o Merwede.

Estación de Dordrecht

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]