Breda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Breda
Bandeira de Breda Escudo de Breda
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Situación de Breda respecto do Brabante do Norte
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: North Brabant-Flag.svg Brabante do Norte
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
129,15 km²
126,78 km²
2,37 km²
Poboación
Poboación: 171.946 (2008)
Densidade: 1.356 hab/km2
Información
Código postal: 4800-4841, 4847, 4850-4854
Alcalde: Peter van der Velden (PvdA)
Sitio na web: www.breda.nl

Breda é unha cidade neerlandesa localizada na provincia de Brabante do Norte. Tiña 171.946 habitantes a 31 de decembro de 2008. Nela conflúen os ríos Mark e Aa.

Historia[editar | editar a fonte]

Breda

Breda foi un feudo da Casa de Brabante dende o século XII até o ano 1404, no que pasou a mans da Casa de Nassau.

Foi conquistada polos españois no ano 1581, en tempos do reinado de Filipe II, e en 1590 foi reconquistada polos neerlandeses. Estes mantiveron o control sobre a cidade até 1625, cando as forzas españolas obtiveron a súa capitulación. Este evento foi recollido por Velázquez na súa pintura sobre tea A rendición de Breda. Os neerlandeses recuperárona de novo en 1637.




Núcleos de poboación do concello de Breda[editar | editar a fonte]

  • Breda (cidade) (arredor de 170.000)
    • Ginneken (antiga vila absolvida pola aglomeración urbana)
    • Princenhage (antiga vila absolvida pola aglomeración urbana)
  • Prinsenbeek (arredor de 11.500) (engadida ao concello en 1997)
  • Bavel (arredor de 7.000) (engadida ao concello en 1997)
  • Teteringen (arredor de 6,500) (engadida ao concello en 1997)
  • Ulvenhout (arredor de 4,700) (engadida ao concello en 1997)

Administración:[editar | editar a fonte]

Grote Kerk (A Igrexa Grande).

A cidade de Breda esta dividida en 7 sectores urbanos:

  1. Breda Centrum (Centro)
  2. Breda West (Oeste)
  3. Breda Noord-West (Haagse Beemden) (Noroeste)
  4. Breda Noord ( Norte)
  5. Breda Oost (Leste)
  6. Breda Zuid-Oost (Sueste)
  7. Breda Zuid (Sur)

Economía[editar | editar a fonte]

As actividades económicas son principalmente industriais. Breda é un centro da industria da comida e da bebida. Empresas como Hero (de limoada), Van Melle (Mentos ao), De Faam (lambetadas) ou Kwatta (chocolate) eran famosas en toda Europa occidental. En Breda tamén había unha fábrica de azucre. Breda tamén albergaba á maior fábrica de cervexa dos Países Baixos (Oranjeboom). Interbrew, a propietaria belga da cervexaría, pechou a fábrica en 2004. Porén, a diminución da actividade industrial non danou á economía da cidade, sendo agora as principais actividades económicas os negocios e o comercio. Cando a nova estación central estea construída ao redor de 2011, Breda estará conectada con trens de alta velocidade ás principais cidades europeas.

Lugares para visitar[editar | editar a fonte]

Unha beguina flamenca ou Begijnhof

O centro da cidade de Breda contén fermosos edificios antigos e singels (fosos), ademais podemos atopar nesa zona as principais tendas e un centro comercial. A cidade é tamén fogar dun museo dedicado ao Xeneral Stanisław Maczek e un cemiterio militar polaco, onde o Xeneral Maczek está soterrado.

Transporte[editar | editar a fonte]

Breda posúe dúas estacións de ferrocarrís, Breda e Breda-Prinsenbeek, que ofrecen conexións con Holanda Meridional (Dordrecht - Róterdan - A Haia) e Tilburg - Eindhoven, e da estación de Breda a Roosendaal tamén con conexión a Vlissingen e Anveres. Ademais, tamén os trens cara ao norte de Breda a Amsterdam e deste a Dean Bosch - Nijmegen.

Ademais, de 2009 en diante haberá unha lanzadeira de alta velocidade con conexións con Róterdan - A Haia e Ámsterdan, ademais de Antuerpen - Bruxelas, na liña HSL-Zuid.

Museos[editar | editar a fonte]

Breda acolle aos seguintes museos:

  • Museo de Breda
  • Museo de Begijnhof Breda
  • Museo do Xeneral Maczek
  • Museo Bier Reclame
  • Museo de Deseño Gráfico
  • NAC Museum
  • Heemkundig Museum Paulus van Daesdonck
  • Lucifer Museum Latent
  • Museo Oorlog & Vrede
  • Centrum voor Handwerken - HCH
  • Museo Stichting Princenhaags
  • Lokaal 01

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Polonia Wrocław (Polonia)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]