Real Academia Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "RAE")
Coat of Arms of the Royal Spanish Academy.svg

A Real Academia Española (RAE) é o organismo responsable de resgardar o bo uso da lingua española. A súa sede está en Madrid (España), pero ten afiliacións coas academias nacionais de 21 países hispanofalantes. O seu director é José Manuel Blecua.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu emblema está formado por un crisol ó lume. Acompáñao a lenda «Limpa, fixa e dá esplendor». O obxectivo era fixa-lo idioma no estado de plenitude que alcanzara durante o século XVI e que se consolidara no XVII.

A Real Academia Española foi fundada en 1713 por iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena e duque de Escalona, co propósito de «fixar as voces e vocábulos da lingua castelá na súa maior propiedade, elegancia e pureza».

Tomaron coma modelo para a súa creación á Accademia della Crusca italiana (1582) e á Académie française (1635). A súa creación foi aprobada o 3 de outubro de 1714 por Real Cédula de Felipe V, quen a acolleu baixo o seu «amparo e Real Protección». Ó longo da súa historia estivo integrada case exclusivamente por homes, ata o nomeamento de Carmen Conde en 1978, de Elena Quiroga en 1983 e de Ana María Matute en 1995.

Dende 1870 establécense en América e nas Filipinas academias correspondentes da lingua española. Estas na actualidade teñen o mesmo rango e condicións cá RAE. Xunto á Asociación de Academias de la Lengua Española, á que pertencen, foron galardoadas co Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2000.

O 20 de outubro de 1993 constituíuse a Fundación Pro Real Academia Española, entidade que ten coma finalidade achegar recursos económicos para o financiamento das empresas da Academia. Está rexida por un padroado do que ostenta a presidencia de honor a súa maxestade o rei D. Xoán Carlos I, a presidencia o gobernador do Banco de España e a vicepresidencia o director da Real Academia Española. As vogalías osténtanas outros académicos, os presidentes das comunidades autónomas e de empresas privadas, coma socios fundadores.

A Fundación está aberta á participación de particulares mediante a correspondente cota económica, membros benfeitores, e entre as actividades subvencionadas atópanse a realización do banco de datos, o Diccionario del estudiante, o Diccionario panhispánico de dudas e outras obras en proxecto ou desenvolvemento coma a Gramática normativa.

Funcións[editar | editar a fonte]

O artigo primeiro dos estatutos da RAE di:

«[...] ten coma misión principal velar por que as mudanzas que experimente a lingua española na súa constante adaptación ás necesidades dos seus falantes non creben a esencial unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Debe coidar igualmente de que esta evolución conserve o xenio propio da lingua, tal como foi consolidándose co correr dos séculos, así coma de establecer e difundir os criterios de propiedade e corrección, e de contribuír ó seu esplendor. Para alcanzar ditos fins, estudará e impulsará os estudos sobre a historia e sobre o presente do español, divulgará os escritos literarios, especialmente clásicos, e non literarios, que xulgue importantes para o coñecemento de tales cuestións, e procurará manter vivo a lembranza de quen, en España ou en América, cultivaron con gloria a lingua española. Coma membro da Asociación de Academias de la Lengua Española, manterá especial relación coas Academias Correspondentes e Asociadas.»

A RAE é considerada frecuentemente coma unha organización conservadora, pois entre as súas metas está a preservación da lingua española. Porén caracterízase así mesmo por exercer unha influencia progresista, ó se esforzar en mante-la linguaxe formal en sintonía coa actualidade. Un exemplo disto último aconteceu en 1994 cando ditaminou que os dígrafos ch e ll (que a academia consideraba letras por unha tradición que se remontaba a Nebrija) serían alfabetizadas xunto co c e o l e non como letras separadas, coma no pasado. A RAE segue un proceso formal para a admisión de novas palabras.

Organización e operación[editar | editar a fonte]

Segundo os seus estatutos a RAE está composta por:

  • Académicos de número (46 en total)
  • Académicos correspondentes españois (ata un máximo de 60)
  • Académicos correspondentes estranxeiros
  • Académicos de número das academias americanas (que por dereito son académicos correspondentes)
  • Académicos honorarios

Unha xunta de goberno rexe a Academia e supervisa tódolos asuntos relativos á súa boa operación, tanto no relacionado co seu funcionamento interno coma coas súas relacións cos organismos do estado, e as demais Academias. Esta xunta é presidida polo director da Academia e está constituída polo vicedirector, o secretario, o censor, o bibliotecario, o tesoureiro, o vicesecretario e dous vogais adxuntos. Todos estes cargos son electivos e, a excepción dos vogais, que se elixen cada dous anos, pódese exercer durante catro anos, prorrogables só unha vez.

A Academia funciona en Pleno e en Comisións que se reúnen semanalmente. As Comisións teñen a misión de elabora-las propostas que posteriormente examinará o Pleno para decidir sobre a súa aprobación. Na actualidade existen as seguintes comisións: Delegada do Pleno, de Dicionario usual, de Dicionario histórico, de Gramática, de Información lingüística, de Vocabulario científico e técnico, de Ciencias humanas, de Publicacións e de Premios. Ademais, existe una Comisión encargada da conservación da casa do Museo de Lope de Vega.

O Pleno, formado por tódolos académicos, reúnese durante o curso académico os xoves pola tarde. Unha vez aprobada as actas da sesión anterior e de debater calquera tema xeral, os asistentes presentan emendas e adicións ó Dicionario. Acto seguido examínanse as propostas formuladas polas diversas Comisións. As resolucións, no caso de que se produza disparidade de criterio, adóptanse mediante votación.

Ó servizo dos traballos que a Academia desenrola en Pleno ou en Comisións, funciona o Instituto de Lexicografía, integrado por filólogos e lexicógrafos que realizan as tarefas de apoio para a elaboración dos dicionarios académicos.

Académicos de número[editar | editar a fonte]

Os membros da Academia son elixidos de por vida polo resto dos académicos e coñéceselles coma Inmortais. Cada académico ten unha cadeira de brazos asignado á súa persoa, e distinguido cunha letra do alfabeto (tanto maiúsculas coma minúsculas). Os académicos de número son, por orde de ingreso:

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

Entre as súas principais publicacións destacan:

  • Diccionario de Autoridades (Dicionario da lingua castelá, no que se explica o verdadeiro sentido das voces, a súa natureza e calidade, coas frases ou motivos de falar, os proverbios ou refráns e outras cosas convenientes do uso da lingua, 1726-1793, en 6 volumes)
  • Diccionario de la lengua española (1ª edición 1780, 21ª edición 1992, 22ª edición 2001)
  • Ortografía de la lengua española (1ª edición 1741). A edición máis recente é a de 1999, elaborada entre a RAE e as academias correspondentes, polo cal é considerada unha ortografía panhispánica. Substitúe ás Novas normas de prosodia e ortografía de 1959.
  • Gramática de la lengua española (1ª edición 1771). A súa revisión máis recente é Esbozo de una nueva gramática de la lengua española (1973), aínda que a Academia publicou tamén unha gramática de autor, non propiamente institucional: a de Emilio Alarcos (1994). Existe na actualidade un proxecto entre a RAE e as academias correspondentes en redactar unha nova gramática.
  • Boletín de la Real Academia Española (dende 1914)
  • Diccionario manual e ilustrado de la lengua española (1ª edición 1927, 4ª edición 1989)
  • Diccionario histórico de la lengua española (primeiro volume 1933, incompleto)
  • Diccionario escolar de la RAE (1ª edición 1996, 2ª edición 1997)
  • Diccionario panhispánico de dudas. Elaborado entre a RAE e as academias correspondentes (1ª edición 2005).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]