Margarita Salas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margarita Salas Falgueras.jpg

Margarita Salas Falgueras, nada en Canero, Valdés, o 30 de novembro de 1938, é unha bioquímica asturiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid, publicou máis de 200 traballos científicos. Foi discípula de Severo Ochoa, co que traballou nos Estados Unidos, despois de facelo con Alberto Sols en Madrid. Casada co tamén científico Eladio Viñuela, xuntos encargáronse de impulsar a investigación española no campo da bioquímica e da bioloxía molecular.

Pertence a varias das máis prestixiosas sociedades e institutos científicos nacionais e internacionais, colaborando e sendo membro do consello editorial de importantes publicacións científicas. Obtivo diferentes galardóns, sendo nomeada "Investigadora Europea" en 1999 pola UNESCO, e recibiu o premio Xaime I de investigación en 1994. Foi directora do Instituto de España (1995-2003), organismo que agrupa á totalidade das Reais Academias Españolas.

Investiga no Centro de Bioloxía Molecular "Severo Ochoa", centro de investigación mixto do CSIC e da Universidade Autónoma de Madrid, onde segue a traballar co virus bacteriófago Phi29, que infecta unha bacteria non patóxena, Bacillus subtilis, de gran utilidade na investigación en biotecnoloxía.

É membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, Real Academia da lingua española e presidenta da Fundación Severo Ochoa.

En maio de 2007 foi nomeada membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, sendo a primeira muller española da institución.

En xullo de 2008, polo Real Decreto 1175/2008, BOE do 12 de xullo, o rei Xoán Carlos I nomeouna Marquesa de Canero.

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]