Maiúscula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A maiúscula é a versión máis grande dunha letra en alfabetos como o latino, o grego, o glagolítico, o cirílico ou o armenio, en contraste coa letra normal, chamada minúscula. O uso correcto das maiúsculas varía en cada lingua. En galego, as palabras escríbense con maiúscula inicial nos seguintes casos:

  • A primeira palabra de cada escrito e a que vai tras un punto.
  • A primeira despois dos dous puntos que, nas cartas, seguen a "Queridos pais", "Moi Sr. meu" etc. e que nas certificacións, decretos etc. seguen a "certifico", "declaro", "ordeno" etcétera.
  • A primeira despois dos dous puntos ao citar literalmente as palabras de alguén.
  • Todo nome propio.
  • Atributos divinos, coma Creador ou Redentor.
  • Títulos de nobreza e dignidade, coma Sumo Pontífice ou Maxestade
  • Sobrenomes célebres, como Pipino o Breve ou Alexandre Magno
  • As abreviatuas das formas de tratamento: Excmo. Sr (excelentísimo señor) ou V.E. (vosa excelencia). A palabra vostede só se escribe con maiúscula cando vai abreviada.
  • Os substantivos e adxectivos que formen parte do nome dunha entidade legalmente constituída, como Real Academia Galega, Facultade de Informática ou Museo de Arte Contemporánea.
  • Os substantivos, adxectivos que compoñen o título dunha publicación períodica, como La Voz de Galicia
  • A primeira palabra dos títulos dos libros, como Follas novas.
  • As palabras que expresan poder público, dignidade ou cargo importante, cando se empregan en escritos ou documentos oficiais; coma Estado, Trono ou Xunta.
  • Iniciais de documentos oficiais: Lei de normalización lingüística, Real decreto
  • Substantivos e abxectivos que se empregan para designar feitos singulares da historia: Segunda Guerra Mundial.
  • Os símbolos dos puntos cardinais: N, S, E, W ou O
  • Festividades cívico-relixiosas: O Día das Letras Galegas, O Venres Santo

En idiomas como o alemán, tódolos substantivos comezan por maiúscula.


Letras maiúsculas no alfabeto latino

A, B, C, D, E, F, G, H, I, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, X, Z (J, K, W, Y)

Letras minúsculas no alfabeto latino

a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z (j, k, w, y)

  • en negriña as letras do alfabeto galego as otras usanse en estranxeirismos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]