Arturo Pérez-Reverte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Pérez-Reverte Gutiérrez
Datos persoais
Nacemento 25 de novembro de 1951 (62 anos)
Lugar Cartagena Murcia Rexión de Murcia
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Español
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Narrativa, ensaio
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|250px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}


Arturo Pérez-Reverte Gutiérrez, nado en Cartagena o 25 de novembro de 1951, é un novelista e periodista español. Dende o ano 2003 ocupa o sillón da letra "T" na Real Academia Española, cargo para o que foi elixido o 23 de xaneiro dese mesmo ano e do que tomou posesión o 12 de xuño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xornalismo, durante os tres primeiros anos da súa carreira cursou simultaneamente estudos de Ciencias Políticas. Exerceu coma reporteiro de guerra durante 21 anos (1973-1994), primeiro formando parte de Diario Pueblo, onde estivo doce anos, e logo traballando para Televisión Española. En 1977 fundou xunto ao seu compañeiro Vicente Talón a revista Defensa, que saíu á venda en abril de 1978, e da que foi redactor xefe ata que os seus compromisos o obrigaron a deixar a editorial.

A principios dos anos 90 presentou na RNE o programa nocturno La Ley de la Calle, no que participaban personaxes de diversos ámbitos e que foi clausurado polo director de RTVE, Jordi García Candau. Entre 1993 e 1994 presentou, tamén en Televisión Española, o programa sobre a actualidade da crónica negra Código Uno, do que renegaría publicamente antes de presentar a súa dimisión. Tal coma expuxo na súa obra Territorio Comanche despediuse da canle decepcionado pola falta de medios e pola politización da televisión.

Coma correspondente de guerra cubriu conflitos armados en Chipre, Líbano, Eritrea, o Sáhara, as Malvinas, O Salvador, Nicaragua, Chad, Libia, Sudán, Mozambique, Angola, o Golfo Pérsico, Croacia e Bosnia e Hercegovina entre outros.

Comezou a súa carreira de novelista en 1986 coa publicación de El maestro de esgrima, aínda que xa publicara, con discreto éxito, a novela curta El húsar. Dende 1991 é columnista no suplemento dominical El Semanal e en 1994 abandonou a súa profesión de reporteiro para adicarse exclusivamente á literatura. Ata o momento leva publicadas dezaoito novelas e varias coleccións de artigos. As súas obras El Maestro de Esgrima, La tabla de Flandes e El club Dumas foron adaptadas ao cinema con grande éxito, esta última co título de The Ninth Gate, de Roman Polanski. En 2006 estreouse o filme Alatriste, baseado na súa colección de novelas de El capitán Alatriste, e en 2007 presentouse a película de La carta esférica.

O seu ingreso na Real Academia Español en xuño de 2003 foi para ocupar o sillón da letra "T", vacante dende a norte do filólogo Manuel Alvar en 2001. O 18 de febreiro de 2004 foi investido coma o primeiro doutor honoris causa da Universidade Politécnica de Cartagena.

En maio de 2011, a Audiencia Provincial de Madrid condeou a Pérez-Reverte a pagar 80.000 euros ó cineasta Antonio González-Vigil, que demandou ó novelista por plaxiar o guión da película Gitano, estreada no ano 2000. Pérez-Reverte, en desacordo con esta sentencia, recurriu ó Tribunal Supremo, que terá que decidir sobre este tema.

Literatura[editar | editar a fonte]

Viaxeiro, bibliófilo, navegante e estudoso da lendaria tradición heroica española, Pérez-Reverte comezou escribindo éxitos de vendas culturalistas, coma La Tabla de Flandes, e xogou coa novela histórica e o thriller en obras coma El maestro de esgrima ou El club Dumas. Sen embargo, a súa amarga experiencia coma reporteiro de guerra foise reflectindo paseniño na súa obra a partir de Territorio Comanche, expresándose a través de temas coma a canseira do heroe, a aventura, a amizade, a viaxe coma perigo, a morte coma última viaxe, e a cultura e a memoria coma única salvación que permite comprender a realidade, soportar a dor e coñecer a identidade da persoa e do mundo. A visión que o escritor ten da existencia en xeral é sombría. Aborrece o humanismo cristián e cre que a filosofía pagán ten unha visión máis exacta e cruel do mundo.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Colección "Las aventuras del capitán Alatriste"[editar | editar a fonte]

Recompilacións de artigos de prensa[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Adaptacións e guións cinematográficos[editar | editar a fonte]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • Medalla Laureada do Cantón de Cartagena, otorgada polo Partido Cantonal de Cartagena (1993). .
  • Premio Príncipe de Asturias de Xornalismo pola súa cobertura para TVE da guerra da antiga Iugoslavia (1993).
  • Premio Ondas da Radio Nacional de España polo programa La ley de la calle (1993).
  • Premio Goya ao mellor guión adaptado por El maestro de esgrima (Francisco Prada, Antonio Larreta, Pedro Olea e Arturo Pérez-Reverte, 1993).
  • Premio Palle Rosenkranz, otorgado pola Academia Criminolóxica de Dinamarca por El club Dumas (1994).
  • Premio Jean Monnet de literatura europea por La piel del tambor (1997).
  • Nomeado Cabaleiro da Orde das Artes e Letras de Francia polo presidente da República Francesa (1998). Esta distinción concédese para honrar a personalidades distinguidas no ámbito artístico ou literario.
  • Premio Mediterráneo, outorgado en París, por La carta esférica (2001).
  • Premio González-Ruano de xornalismo en 2003, polo seu artigo Una ventana a la guerra.
  • Condecorado coa Gran Cruz ao Mérito Naval, a máis alta distinción outorgada pola Mariña a un civil, pola súa novela Cabo Trafalgar (2005).
  • Medalla de Ouro de San Telmo da Fundación Letras do Mar (2006).
  • Fiambreira de Prata do Ateneo de Córdoba (2009).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Arturo Pérez-Reverte

Outros artigos[editar | editar a fonte]