Ángel González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ángel González nado en Oviedo o 6 de setembro de 1925 e falecido en Madrid o 12 de xaneiro de 2008, foi un poeta español.

Biografía[editar | editar a fonte]

A súa infancia viuse fortemente marcada pola desaparición de familiares próximos: o seu pai morreu cando Ángel González contaba dezaoito meses e o seu irmán Manuel foi asasinado polo bando franquista en 1936 durante a Guerra Civil Española, que tamén provocaría a saída ao exilio do seu irmán Pedro.

En 1943 enfermou de tuberculose, polo que se someteu a un lento proceso de recuperación en Páramo del Sil (O Bierzo). Logo de tres anos prostrado na cama, decidiu estudar Dereito na Universidade de Oviedo e despois en 1950 comezou Xornalismo na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.

A súa experiencia como fillo da guerra será plasmada en Áspero mundo (1956), a súa primeira publicación, coa que obtería un accésit do Premio Adonais en 1955. Trala publicación do seu segundo libro, Sin esperanza, con convencimiento (1961), Ángel González foi recoñecido como parte do grupo de poetas chamado Xeración dos 50 ou Xeración de medio século na literatura española. En 1962 foi premiado en Colliure co Premio Antonio Machado pola publicación do seu libro Grado elemental.

No ano 1970 foi convidado a dar conferencias á Universidade de Novo México, en Albuquerque. Posteriormente pasaría un semestre na universidade dos Estados Unidos, pasando, a partir de 1973, polas universidades dos estados de Utah, Maryland e Texas baixo a mesma condición. En 1974 volveu á Universidade de Novo México como profesor de Literatura Española Contemporánea, onde traballou ata 1992.

En 1985 concédenlle o Premio Príncipe de Asturias das Letras e en 1991 o Premio Internacional Salerno de Poesía. En xaneiro de 1996 foi elixido membro da Real Academia da Lingua Española. O mesmo ano ademais obtivo o Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana. En 2004 converteuse no primeiro gañador do Premio de Poesía Cidade de Granada-Federico García Lorca.

Obras[editar | editar a fonte]

Poemarios[editar | editar a fonte]

  • Áspero mundo, Rialp, Colección Adonais, 1956.
  • Sin esperanza, con convencimiento, Literaturasa, 1961.
  • Grado elemental, París, Ruedo Ibérico, 1962 (Premio Antonio Machado).
  • Palabra sobre palabra, Poesía para todos, 1965. Reeditou logo este libro Seix Barral numerosas veces, recollendo nel a súa obra completa. A última edición significativa foi a de 2002.
  • Tratado de urbanismo, Seix Barral, 1967. Reeditado por Bartleby, en 2006.
  • Breves acotaciones para una biografía, As Palmas, Inventarios provisionales, 1971.
  • Procedimientos narrativos, Santander, La Isla de los ratones, 1972.
  • Muestra de, Turner, 1976
  • Muestra corregida y aumentada de algunos procedimientos narrativos y de las actitudes sentimentales que habitualmente comportan, Turner, 1977.
  • Antología poética, Alianza Editorial, 1982.
  • Prosemas o menos, Hiperión, 1985.
  • Una antología, ALSA, 1985.
  • Deixis en fantasma, Hiperión, 1992.
  • A todo amor, Visor, 1996.
  • Lecciones de cosas y otros poemas, Círculo de Lectores, 1997
  • 101 + 19 = 120 poemas, 1999.
  • Otoños y otras luces, Tusquets, 2001.
  • La penumbra y el sueño, Cajacanarias, 2001
  • Antología temática : la música ateológica del eros, Diputación de Málaga, 2002.
  • Antología poética. Selección del autor, Alianza Editorial, 2003.
  • Fragmentos de grandeza, 2004.

En prosa[editar | editar a fonte]

  • Juán Ramón Jiménez : (Antología), Júcar, 1974
  • El Grupo poético de 1927: antología, Taurus, 1976
  • Aproximaciones a Antonio Machado, Universidade Nacional Autónoma de México, 1982
  • 50 años de periodismo a ratos y otras prosas, Nobel, 1998.
  • La poesía y sus circunstancias, Seix Barral, 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]