Álvaro Porto Dapena
José Álvaro Porto Dapena, nado na parroquia de San Xiao (Narón) en 1940, é un filólogo e profesor universitario galego, membro correspondente da Real Academia Española de la Lengua.
Índice |
[editar] Biografía
Licénciase en 1967 en Filoloxía románica, acadando o doutoramento na Universidad Complutense de Madrid en 1972, onde traballa como docente ata 1997, ano no que se traslada á Galicia para facerse cargo da cátedra de Lengua Española da Universidade da Coruña. Tamén traballou no Seminario de Lexicografía da Real Academia Española colaborando na elaboración do seu Diccionario Histórico e no Diccionario de construcción y régimen de R. J. Cuervo, onde redactou a meirande parte do tomo III. Participou con outros autores no Diccionario "Coruña" de la lengua española actual: planta y muestra, ó tempo que o dirixiu.
Colabora no Diario de Ferrol, onde escribe todos os domingos un espazo titulado "Con nome propio" no que trata, preferentemente, a toponimia da comarca de Ferrol.
[editar] Obra[1]
- El gallego hablado en la comarca ferrolana. USC, 1977. ISBN 84-7191-018-7
- Los pronombres. Edi-6, 1986. ISBN 84-85786-95-5
- El verbo y su conjugación. Arco/Libros, 1987. ISBN 84-7635-031-7
- Tiempos y formas no personales del verbo. Arco/Libros, 1988. ISBN 84-7635-052-X
- Del indicativo al subjuntivo. Valores y usos de los modos del verbo. Arco/Libros, 1991. ISBN 84-7635-093-7
- Complementos argumentales del verbo: directo, indirecto y suplemento y agente. Arco/Libros, 1992, reimpr. 1994. ISBN 84-7635-112-7
- El complemento circunstancial. Arco/Libros, 1993 (xa na 3ª edición). ISBN 8476351194
- Oraciones de relativo. Arco/Libros, 1997. ISBN 84-7635-262-X
- Relativos e interrogativos. Arco/Libros, 1997. ISBN 84-7635-263-8
- Manual de técnica lexicográfica. Arco/Libros, 1997. ISBN 8476355084
[editar] Notas
- ↑ Listado de obras en Dialnet, Universidad de la Rioja.