Antonio Muñoz Molina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Muñoz Molina, nado en Úbeda (Jaén) o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor español e académico de número da Real Academia Española (1995). Actualmente reside en Nova York, onde dirixiu o Instituto Cervantes ata mediados de 2006.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estuda Historia del Arte na Universidade de Granada e Xornalismo na Universidade de Madrid. Nos anos oitenta establécese en Granada, onde traballa como funcionario e colabora como columnista no diario Ideal. O seu primeiro libro á unha recompilación deses artigos e aparece en 1984 baixo o título El Robinsón urbano.

A súa primeira novela, Beatus ille, aparece en 1986. Nela figura a cidade imaxinaria de Mágina, trasunto da súa natal Úbeda que reaparecerá noutras obras súas.

En 1987 gaña o Premio da Crítica de narrativa castellana e o Premio Nacional de Narrativa por El invierno en Lisboa e en 1991 o premio Planeta por El jinete polaco, pola que volve a ser Premio Nacional de Narrativa en 1992.

Outras obras destacadas son Beltenebros (1989) unha novela de amor e intriga no Madrid da posguerra con implicacións políticas; Los misterios de Madrid (1992 -publicada inicialmente como serial a capítulos no diario El País -o título fai referencia ó folletín decimonónico Los misterios de París, de Eugène Sue-); e El dueño del secreto (1994).

Está casado coa tamén escritora Elvira Lindo, coa que ten un fillo.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Beatus Ille (1986).
  • El invierno en Lisboa (1987).
  • Las otras vidas. Relatos (1988).
  • Beltenebros (1989; Hai versión cinematográfica).
  • El jinete polaco (1991).
  • Los misterios de Madrid (1992).
  • Nada del otro mundo. Relatos (1993).
  • El dueño del secreto (1994).
  • Ardor guerrero (1995).
  • Plenilunio (1997; Hai versión cinematográfica).
  • La colina de los sacrificios (1998).
  • Carlota Fainberg (1999).
  • En ausencia de Blanca (2000).
  • Sefarad (2001).
  • La poseída (2005).
  • El viento de la Luna (2006).
  • Días de diario (2007).

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Córdoba de los Omeyas (1991).
  • La verdad de la ficción (1992).
  • La realidad de la ficción (1993).
  • Las apariencias (1995).
  • La huerta del Edén: escritos y diatribas sobre Andalucía (1996).
  • Destierro y destiempo de Max Aub (1996).
  • Escrito en un instante (1997).
  • Pura alegría (1998).

Otros[editar | editar a fonte]

  • El Robinson urbano (1984). Colección de artigos periodísticos.
  • Diario del Nautilus (1985). Colección de artigos periodísticos.
  • La huella de unas palabras (1999). Antoloxía dialogada realizada por José Manuel Fajardo.
  • Unas gafas de Pla (2000). Colección de artigos periodísticos.
  • La vida por delante (2002). Colección de artigos xornalísticos.
  • Ventanas de Manhattan (2004). Diario de viaxe.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1986: Premio Ícaro de Literatura por Beatus Ille.
  • 1988: El invierno en Lisboa:
    • Premio Nacional de Narrativa.
    • Premio Nacional de la Crítica.
  • 1991: Premio Planeta por El jinete polaco.
  • 1992: Premio Nacional de Narrativa por El jinete polaco.
  • 1995: É elixido membro da Real Academia da Lingua Española.
  • 1997: Premio Euskadi de Prata.
  • 1998: Plenilunio:
    • Premio Femina Etranger á mellor obra estranxeira publicada en Francia.
    • Premio Elle.
    • Premio Crisol.
  • 2003:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]