Klebsiella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Klebsiella
Colonias de K. pneumoniae
Colonias de K. pneumoniae
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Xénero: 'Klebsiella'
Trevisan 1885
K. pneumoniae vista con microscopio electrónico.

Klebsiella é un xénero de bacterias Gram negativas con forma de bacilo, inmóbiles, oxidase negativas, que presentan unha gran cápsula de composición basicamente polisacarídica. [1] Recibe o seu nome polo microbiólogo alemán Edwin Klebs (1834–1913). É un patóxeno humano frecuente, que pode orixinar unha ampla variedade de doenzas, principalmente pneumonía, infeccións do tracto urinario, septicemia, e infeccións de tecidos brandos.[2] Produce infeccións nosocomiais (hospitalarias) e algunhas cepas son moi resistentes aos antibióticos.[3]

As especies de Klebsiella son ubicuas na natureza.[4] Están presentes no tubo dixestivo e no aparato respiratorio de homes e animais como bacterias comensais. Son frecuentes nas feces e poden ser un indicador de contaminación fecal. Abundan no solo, e auga e son fixadores de nitróxeno.

Patoxenicidade[editar | editar a fonte]

  • Klebsiella pneumoniae orixina infeccións respiratorias (pneumonías, abcesos pulmonares, pleuresías), infeccións intestinais e urinarias. Ten un efecto citotóxico sobre o epitelio das vías aéreas e pode ser responsable de infeccións nosocomiais. O seu poder patóxeno e a súa virulencia[5] está ligada a varios factores:
  • A súa cápsula de polisacáridos, que lle confire a Klebsiella pneumoniae un forte poder invasivo ao protexela da fagocitose e en certa medida dalgúns desinfectantes. Esta voluminosa cápsula explica o aspecto pegañento e abombado das colonias nos medios de cultivo habituais. O papel da cápsula non se comprende totalmente, e obtivéronse resultados diferentes nos estudos in vivo e in vitro [6].
  • Produción de sideróforos (péptidos que captan ferro),
  • Produción de lipopolisacárido (LPS)
  • Produción dun complexo extracelular (tóxico para os tecidos pulmonares). Sábese que este efecto está ligado á cápsula, xa que desaparece nas bacterias viventes pero non capsuladas. Ademais, a citotoxicidade das cepas non capsuladas recupérase simplemente engadindo cápsulas extraídas por purificación dunha colonia capsulada[7].
  • Produción de adhesina, que lle permite formar biofilmes.
  • A subespecie ozenae pode ser patóxena nas vías respiratorias.
  • A subespecie rhinoscleromatis é o axente específico do rinoscleroma.

Lista de especies[editar | editar a fonte]

Klebsiella pneumoniae (Schroeter 1886) Trevisan 1887

Klebsiella pneumoniae subsp. pneumoniae (Schroeter 1886) Ørskov 1984
Klebsiella pneumoniae subsp. ozaenae (Abel 1893) Ørskov 1984
Klebsiella pneumoniae subsp. rhinoscleromatis (Trevisan 1887) Ørskov 1984

Klebsiella oxytoca (Flügge 1886) Lautrop 1956
Klebsiella mobilis Bascomb et al. 1971
Klebsiella singaporensis Li et al. 2004
Klebsiella granulomatis (Aragão and Vianna 1913) Carter et al. 1999
Klebsiella variicola Rosenblueth et al. 2004.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. p. 370. ISBN 0-8385-8529-9. 
  2. Podschun R, Ullmann U (1998). "Klebsiella spp. as nosocomial pathogens: epidemiology, taxonomy, typing methods, and pathogenicity factors". Clin Microbiol Rev 11 (4): 589–603. PMC 88898. PMID 9767057. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=88898. 
  3. CDC - Klebsiella [1]
  4. Bagley S (1985). "Habitat association of Klebsiella species". Infect Control 6 (2): 52–8. PMID 3882590. 
  5. Lawlor MS, Hsu J, Rick PD, Miller VL: Identification of Klebsiella pneumoniae virulence determinants using an intranasal infection model. Mol Microbiol 2005, 58:1054-1073. Résumé PubMed
  6. Struve C, Krogfelt KA ; : Role of capsule in Klebsiella pneumoniae virulence: lack of correlation between in vitro and in vivo studies. FEMS Microbiol Lett 2003, 218:149-154. (Résumé PubMed)
  7. Victoria Cano et al. ; Klebsiella pneumoniae triggers a cytotoxic effect on airway epithelial cells ; BMC Microbiology 2009, 9:156doi:10.1186/1471-2180-9-156 ; on line: 2009/08/03 ; (Résumé)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Klebsiella