Barbitúrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os barbitúricos son drogas que actúan como sedantes do sistema nervioso central e producen un amplo esquema de efectos, dende sedación suave ata anestesia. Algúns pódense usar como anticonvulsionantes.

Pertencen a dúas grandes familias: os derivados do ácido barbitúrico como o seconal; e as Benzodiazepinas, entre as que se atopa o valium.Os barbitúricos poden presentarse baixo a forma de pastillas, pílulas, supositorios ou baixo forma líquida (ampolas).

Historia[editar | editar a fonte]

Descuberto en 1863, o ácido barbitúrico é utilizado na medicina desde 1903 polas suas propiedades sedativas no tratamento da epilepsia e dos trastornos do sono.

Efectos[editar | editar a fonte]

En doses baixas producen efectos moi parecidos os dos ansiolíticos. En doses elevadas preséntanse síntomas moi similares os da intoxicación con alcol ademais de potenciar a euforia e a excitación que produce esta substancia. Con doses maiores pódese provocar perda de consciencia, entrar en coma e posteriormente a morte provocada por paro respiratorio.

Producen sensación de relaxación e de tranquilidade, problemas motores e atranco para falar. Poden causar depresión cerebral. Dependendo da súa dose a formulación presenta un efecto sedante (tranquilizante), hipnótico (indutor do sono) e anticonvulsivo. Síndrome de abstinencia, crise convulsiva trala interrupción e en tratamento prolongado apatía. Están contraindicados no primeiro trimestre de embarazo xa que pode provocar malformacións.

Consumo[editar | editar a fonte]

Os barbitúricos poden comprarse de maneira completamente lícita, con ou sen prescrición médica, segundo o país. En España ou Francia, os barbitúricos están clasificados como substancias psicotrópicas e son vendidas en farmacias baixo prescrición médica.

Barbitúricos

Allobarbital | Amobarbital | Aprobarbital | Alphenal | Barbexaclone | Barbital | Butabarbital | Butalbital | Butobarbital | Butallylonal | Cyclobarbital | Cyclopal | Ethallobarbital | Hexethal | Heptabarbital | Hexobarbital | Mephobarbital | Metharbital | Methohexital | Methylphenobarbital | Pentobarbital | Probarbital | Proxibarbital | Propallylonal | Reposal | Secobarbital | Talbutal | Thialbarbital | Thiamylal | Thiobarbital | Thiobutabarbital | Thiopental | Vinbarbital | Vinylbital