Tamil Nadu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tamil Nadu
Tamil Nadu in India (disputed hatched).svg
Localización do estado de Tamil Nadu
Capital Chennai
13°05′N 80°16′L
Cidade principal Chennai
Idioma oficial Támil
Lexislativo
 • Membros
 • Gobernador
 •  Ministro xefe
Unicameral
235
Surjit Singh Barnala
M Karunanidhi
Creado en 1 de novembro de 1956
Superficie 130.058 km²
Poboación (2001) 62.405.679
Densidade demográfica 789 hab/km²
Total de distritos 30
Fuso horario UTC +5:30
tn.gov.in

Tamil Nadu (en támil: தமிழ்நாடு), "Terra dos Támiles", IPA: [t̪ɐmɨɻ n̪aːɽɯ]) é un dos 28 estados da India. A súa capital e maior cidade é Chennai (antigamente chamada Madrás). Tamil Nadu fica no sueste da península india e fai fronteira cos estados de Puducherry, Kerala, Karnataka e Andhra Pradesh. Está cercado polos Gaths Orientais polo norte, pola serra de Nilgiri, as montañas de Anamalai e Palakkad polo oeste, pola baía de Bengala polo este, polo golfo de Mannar e o estreito de Palk polo sueste e polo Océano Índico polo sur.

Durante máis de 2.500 anos, a rexión foi lar da civilización támil. É a terra natal dos támiles e da súa lingua milenaria clásica, o támil. Tamil Nadu é o undécimo maior estado da India en área (con cerca do mesmo tamaño que Grecia) e o sétimo máis populoso. É o quinto maior contribuínte do PIB da India. Tamil Nadu tornouse recentemente no estado indio coa máis elevada taxa de alfabetización, segundo o Ministerio do Desenvolvemento dos Recursos Humanos.

É fonte de variados recursos naturais, grandes templos hindús de arquitectura dravidiana, zonas montañosas, praias e lugares de peregrinación multi-relixiosa. En Tamil Nadu atópanse tres Patrimonios da Humanidade: o Conxunto Monumental de Mahabalipuram, inscrito en 1984, os Grandes Templos Vivos de Chola, en 1987, e o Ferrocarril de Nilgiri, incluído dentro do conxunto dos Camiños de ferro de montaña da India, inscrito na lista da UNESCO en 2005.