Spyker F1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spyker
Sutil Spyker 2007.JPG
Nome completo Spyker F1 Team
Bandeira {{{Bandeira}}}
Baseada en Silvertone, Reino Unido
Tempadas en activo 1 (2007)
Número de pilotos 4
Debut Gran Premio de Australia de 2007
Carreiras 17
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 1
Derradeiro GP Gran Premio de Brasil de 2007

Spyker F1 Team, Spyker F1 ou simplemente Spyker foi unha escudería de Fórmula 1 propiedade de Spyker Cars, creada en setembro de 2006 tras mercar Midland F1. Debutou na tempada de 2007 baixo bandeira holandesa.

Con base en Silverstone, no Reino Unido, herdou as súas instalacións de Midland, que á súa vez as herdara de Jordan. O seu Xefe de Equipo foi Colin Kolles, mentres que o Director Técnico era Mark Gascoyne.

En outubro de 2007, a escudería vendeuse a un consorcio formado por Michiel Mol e mais por Vijay Mallya [Cómpre referencia] que crearon un novo equipo chamado Force India F1[1], sendo así ese ano o único que competiu na máxima categoría do automobilismo.

Historia[editar | editar a fonte]

A compra de Midland[editar | editar a fonte]

Os rumores de venda, que xurdiran dende poucos meses após Shnaider mercara Jordan, volveron de novo a mediados da tempada de 2006 [Cómpre referencia], esta vez traídos polos medios holandeses [Cómpre referencia]. Falábase dun prezo de compra de 128 millóns de dólares[2], debido a que tralo anuncio do ingreso de Prodrive para o 2008 pecháronse tódalas posibilidades de entrada de novas escuderías na categoría [Cómpre referencia], sendo 12 o número máximo de participantes por mor da configuración dos boxes dos circuítos [Cómpre referencia], feitos con ese número de garaxes. Isto fixo que o prezo de mercado de cada equipo aumentara [Cómpre referencia].

O 10 de setembro, anunciouse oficialmente a venda da escudería a Spyker Cars[3], unha empresa holandesa fabricante de coches, pola cantidade de 106.6 millóns de dólares [Cómpre referencia].

Este acordo, a falta de tres carreiras, tivo unhas consecuencias inmediatas [Cómpre referencia]: cambiouse a estrutura directiva do equipo, xa que aínda que Colin Kolles seguiu a se-lo Xefe de Equipo e Michiel Mol pasou a se-lo Director da Sección de Fórmula 1 de Spyker, ocupando un posto directivo tanto na escudería como no fabricante de coches [Cómpre referencia]. Ademais, a escudería pasou a competir baixo bandeira holandesa, o pavillón de Spyker, e os coches cambiaron a súa decoración, pasando a ser laranxa, prateada e branca. Por outra parte, xa que as normas da FIA prohiben un cambio de nome en metade da tempada a non ser que haxa un acordo entre tódolos equipos [Cómpre referencia], non foi posible chamarlle á escudería directamente Spyker F1, senón que houbo que atopar unha solución intermedia, a introdución do nome do fabricante dos Países Baixos como patrocinador, sendo finalmente Spyker Midland F1 Racing.

Christijan Albers a bordo do Spyker Midland M16 en setembro de 2006.

O remate da tempada de 2006 traería consigo polo tanto o fin de Spyker Midland, que pasaría a renomearse como Spyker F1.

A tempada de 2007[editar | editar a fonte]

Na tempada de 2007, o Spyker F8-VII levou motores Ferrari 057, tal e como se anunciou o 30 de setembro de 2006[4] e pneumáticos Bridgestone.

No que ó corpo directivo se refire, no Gran Premio de China de 2006 anunciouse que Collin Kolles continuaba como Xefe de Equipo, mentres que Michiel Mol convertíase no Director de F1 de Spyker Cars, con asento na xunta directiva do fabricante holandés. Ademais, Mike Gascoyne é o novo Director Técnico[5] dende o final da tempada dese ano.

En canto ós pilotos, foi fichado Christijan Albers[6], e aínda que Christian Klien confirmou que as negociacións coa escudería holandesa para ocupar o posto de segundo piloto titular estaban moi avanzadas[7], non remataron por cristalizar, sendo anunciado para ese posto o alemán Adrian Sutil, que debutaba así na categoría[8]. Os probadores foron Adrián Vallés, Markus Winkelhock, Fairuz Fauzy e Giuedo Van Der Garde[9].

Precisamente a fichaxe do piloto neerlandés Van Der Garde como probador provocaría a unha polémica forte con Super Aguri, que incluso ameazou con iniciar accións legais [Cómpre referencia] pois este condutor xa tiña un contrato asinado para o 2007 coa escudería xaponesa[10]. Outra polémica a principios desta tempada foi a que existiu ó redor dos deseños dos monoprazas de Super Aguri e de Scuderia Toro Rosso, xa que Spyker acusábaos de copia-los deseños de Honda e de Red Bull Racing do ano anterior [Cómpre referencia], non cumprindo así coa regulación sobre dereitos de propiedade intelectual vixente[11].

Trala primeira metade de temporada, na que se debatían entre non remata-las carreiras ou finalizar nos derradeiros postos sendo sempre dobrados polos líderes [Cómpre referencia], o 10 de xullo a escudería holandesa confirma que Christijan Albers quedaba sen asento para o que restaba de tempada[12]. Sería Markus Winkelhock quen o substituíra para o accidentado GP de Europa, chegando a lideralo nas primeiras voltas por mor dunha intelixente elección de pneumáticos na saída [Cómpre referencia]. Porén, Winkelhock tampouco conservaría o seu posto, sendo contratado o xaponés Sakon Yamamoto, tal e como se fixo oficial o 26 de xullo[13], debutando no GP de Hungría cunha retirada por accidente no cuarto xiro.

O 21 de agosto, o xornal holandés AD publicaba que o piloto español Roldán Rodriguez firmara un contrato para 2008[14], levando uns 15 millóns de dólares en patrocinadores [Cómpre referencia], o que foi negado por Colin Kolles, director técnico do equipo[14]. Porén, Rodríguez probou para Spyker no Circuíto de Silverstone o 13 de setembro[15], e era contratado como probador para os adestramentos libres de inverno unha semana despois[16]. Por outro lado, o 26 de setembro, o piloto indio Narain Karthikeyan anunciaba que estaba a entablar negociacións con Spyker para a tempada de 2008[17].

Pero malas novas para a escudería dos Países Baixos chegaban na derradeira semana de agosto de dous frontes diferentes: no deportivo, o día 23 sabíase que a evolución B-Spec do Spyker F8-VIII non era capaz de pasa-lo crash test da FIA de colisión traseira [Cómpre referencia], polo que non puido debutar no GP de Turquía, como estaba previsto[18]. E no fronte financeiro, o día 28, de novo o xornal AD publicaba que a empresa de seguros Zurich e un particular presentaron unha demanda de quebra nun tribunal de Maastricht, Países Baixos, reclamando ámbalas dúas partes unha débeda de 300.000 euros[19], nova á que a escudería amosábase "sorprendida"[20], recoñecendo problemas coa aseguradora por mor, en palabras dun portavoz do equipo, dunha "factura moito máis elevada do que esperaban"[20], e asegurando que "non tiñan nin idea" de quen podía se-lo particular[20].

No GP de Xapón, Adrian Sutil conseguía o que era tanto o seu primeiro punto en Fórmula 1 como o da escudería, cando o piloto de Scuderia Toro Rosso Vitantonio Liuzzi, que rematara oitavo, era penalizado con 25 segundos engadidos ó tempo final de carreira por adiantar ó propio Sutil baixo bandeiras amarelas [Cómpre referencia], deixándolle así o seu posto na clasificación final ó alemán, que rematara noveno[21].

A venda de Spyker F1[editar | editar a fonte]

O 14 de agosto, Spyker Cars anunciaba a intención de vende-lo seu equipo de Fórmula 1, como parte dunha estratexia de refinanciación do equipo, que inclúe a separación da súa casa nai[22]. Esta intención confirmábase o 1 de setembro, cando é confirmada que unha oferta de 88 millóns de euros[23] por parte do consorcio Orange India Holdings Sarl, formado por Michiel Mol e Vijay Mallya, era aceptada por Spyker Cars[24]. A transferencia do equipo foi feita o día 5 de outubro[23], e o 20 de outubro, durante o GP de Brasil, anunciábase que o nome do novo equipo será Force India F1[1].

Aínda non se fixo pública a estrutura directiva que terá a nova escudería, que será a terceira que terá a súa base nas antigas instalacións de Jordan Grand Prix en tres anos.

Resultados completos en Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Lenda) (Os resultados en negriña indican que o piloto acadou a pole position)

Ano Chasis Motor Rodas Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17
2007
(1 pto, 10º)
F8-VII Ferrari 057 B AUS MAL BAH ESP MON CAN USA FRA RU EUR HUN TUR ITA BEL XPN CHN BRA
Adrian Sutil 17 Ret 15 13 Ret Ret 14 17 Ret Ret 17 21 19 14 8 Ret Ret
Christijan Albers Ret Ret 14 14 19 Ret 15 Ret 15
Markus Winkelhock Ret
Sakon Yamamoto Ret 20 20 17 12 17 Ret

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 (en castelán) Force India F1, novo nome para Spyker en 2008, en gpupdate.net
  2. (en inglés) Outro equipo de Fórmula 1 á venda?, en manipef1.com
  3. (en castelán) Oficial: MF1 Racing vendido a Spyker, en f1racing.net
  4. (en castelán) Spyker asina acordo de motores con Ferrari, en f1racing.net
  5. (en castelán) Gascoyne será Director Técnico de Spyker F1, en f1racing.net
  6. (en castelán) Albers renova con Spyker para 2007, en f1racing.net
  7. (en castelán) Kilen a piques de asinar con Spyker, en f1racing.net
  8. (en castelán) Spyker ficha a Sutil como piloto oficial
  9. (en castelán) Spyker confirma a Vallés como probador
  10. (en castelán) Super Aguri tomará accións legais contra Spyker
  11. (en castelán) Spyker, preparado para denuncia-lo fraude
  12. (en castelán) Albers queda sen asento, en f1.gpudate.net
  13. (en castelán) SpykerF1 ficha a Yamamoto, en f1.gpupdate.net
  14. 14,0 14,1 (en castelán) Kolles nega a fichaxe de Rodríguez, en gpupdate.net
  15. (en castelán) Rodríguez proba para Spyker en Silverstone, en gpupdate.net
  16. (en castelán) Spyker ficha a Rodríguez para tests de inverno, en gpupdate.net
  17. (en castelán) Karthikeyan negocia con Spyker para 2008, en gpupdate.net
  18. (en castelán) Spyker retrasa debut do B-Spec en gpupdate.net
  19. (en castelán) Dúas empresas demandan a Spyker, en gpupdate.net
  20. 20,0 20,1 20,2 (en castelán) Spyker, sorprendido con historia de quebra, en gpupdate.net
  21. (en castelán) Spyker e Sutil estrean palmarés na F1, en gpupdate.net
  22. (en castelán) Syker considera vender o seu equipo de F1, en gpupdate.net
  23. 23,0 23,1 (en castelán) Spyker completa venta do equipo de F1, en gpudate.net
  24. (en castelán) Mol e Mallya mercan Skyper F1, en gpupdate.net

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Spyker F1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]