Miami, Florida
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2013.) |
Coordenadas: 25°47′00″N 80°13′00″W / 25.78333°N 80.21667°W
|
|||||||
Distintas imaxes de Miami |
|||||||
| Alcume | "Magic City", "The Gateway to the Americas", "Capital of Latin America | ||||||
| Información | |||||||
| País | |||||||
| Estado | |||||||
| Fundación | 1825 | ||||||
| Superficie • Total |
145,21 km² |
||||||
| Poboación • Total • Posto • Área metropolitana |
408.568 (2010) 44º 5.333.945 |
||||||
| Densidade | 2.750,98 hab./km² | ||||||
| Altitude | 2 m | ||||||
| Alcalde | Tomás Regalado | ||||||
| Páxina oficial | |||||||
Miami é unha cidade da Florida, nos Estados Unidos da América. É a sede do condado de Dade. Ten preto de 350 mil habitantes, aínda que súa zona metropolitana posua 2.1 millóns, chegando a cinco millóns, cando se contan os condados viciños de Broward e Palm Beach. Foi fundada o 28 de julio de 1896 e según as Nacións Unidas no ano 2008, Miami convertéuse na cuarta área urbanizada máis grande do país, despois de Os Ánxeles, Nova York e Chicago. Tamén no 2008 a cidade de Miami foi premiada co galardón de "Cidade máis limpa dos Estados Unidos".
Índice |
Historia e características[editar]
A actual cidade ten orixe nunha poboación criada de finais do século XIX, que prosperou co ferrocarril e o porto. Nos anos 20 do século XX Miami tornouse nun centro turístico.
Na cidade fálase, alén do inglés, o español, debido á cantidade de hispanoamericanos que viven en Miami.Tamén se falan linguas menos comúns entre os habitantes como son o criollo haitiano, o francés, o portugués, o alemán, o italiano, o árabe, o chino e o grego. A rexión tamén conta cunha colonia xudía numerosa.
Miami é unha das cidades máis visitadas polos turistas nos Estados Unidos, frecuentadas polos snow birds, termo usado para descreber os habitantes da rexión norte dos Estados Unidos da América, que pasan o inverno neste estado (e principalmente nos arredores desta cidade), para fuxiren da neve e do frío; esta cidade é tamén coñecida por ter unha grande comunidade de exilados cubanos, principalmente concentrados na Little Havana.
Clima[editar]
O clima de Miami é Clima tropical, con veráns calurosos e húmidos,e con invernos templados e secos, e normalmente con temperaturas non máis baixas de 10 °C. Miami está considerada unha das cidades con máis calor do páis, chegando a ter 3.000 horas de sol ó ano.
Barrios[editar]
A cidade de Miami está dividida en trece barrios, o barrio central da cidade, é o Downtown Miami. No norte atópase Midtown, un barrio no que hai diversas culturas de diferentes países. O do sur é Coral Way no cal a súa arquitectura colonial española é o máis destacado, e tamén o Coconut Grove. No lado oeste sitúase Pequeña Habana, West Flagler e Flagami.
Música Popular[editar]
A música en Miami é variada. As diversas culturas trouxeron a Miami varios tipos de bailes. Os cubanos, a conga e a rumba. Os de [[Porto Rico], o actual Reggaeton. Os dominicanos a bachata e o merengue. Os que máis aportaron foron os caribeños, que engadiron a esa lista o reggae, o soca, o kompa, o zouk, o calipso e o steelpan. A cidade de Miami tamén está considerada a mellor do mundo no freestyle, un estilo de música dance, de esta cidade saíron moita xente que se fixo famoso con este tipo de música, como o caso de Stevie B ou Exposé. Grazas a que Miami tamén é unha gran potencia na música techno, organízanse festas en grandes discotecas como Mansion ou Opium Garden.
Medios de comunicación[editar]
Os destacados, The Miami Herald en inglés e El Nuevo Herald en español, son os máis comúns na parte de periódicos, seguido de periódicos para estudiantes que son menos leídos. Miami é a cidade de producción de moitas cadeas televisivas como o caso de Telemundo ou Mega TV. Tamén a radio, ten unha gran aportación no país, polo alto porcentaxe de oíntes que hai.
Deportes[editar]
Miami conta con catro equipos de diversos deportes, como poden ser os Miami Heat de baloncesto, os Miami Dolphins da NFL, os Florida Marlins da MLB e os Florida Panthers da NHL. O American Airlines Arena é o estadio dos Miami Heat actuais campións no 2012, é o único estadio que está situado no centro de Miami, outros como o Dolphin Stadium campo do fútbol americano, que xa se sitúa nas aforas de Miami, e foi varias veces o escenario das finais da Super Bowl.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|
||||||||||||
|
||||||||||||||