Treasure Coast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTreasure Coast

Nomeado en referencia a1715 Treasure Fleet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Martin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porOcéano Atlántico e Indian River Lagoon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Treasure Coast é unha rexión vernácula do estado de Florida, nos Estados Unidos. Está situada na costa atlántica do Estado, comprendendo os condados de Indian River, Saint Lucie e Martin, e para algunhas fontes, ademais, o de Palm Beach. A rexión, cuxo nome fai referencia á Frota do Tesouro español que perdeuse a causa dun furacán en 1715, naceu como resultado do desexo dos residentes de separarse da influencia de Miami e da rexión vernácula de Gold Coast.

Vista aérea da lagoa de Indian River.

A área inclúe dúas áreas estatísticas metropolitanas definidas pola Oficina de Administración e Orzamento e empregadas cunha finalidade estatística pola Oficina do Censo dos Estados Unidos e outras axencias: a Área Estatística Metropolitana de Port Saint Lucie (que abrangue os condados de Saint Lucie e Martin) e a Área Estatística Metropolitana de Sebastian–Vero Beach (que abrangue o Condado de Indian River). O Condado de Palm Beach, en caso de considerarse incluído dentro de Treasure Coast (algo que moitas fontes rexeitan), é ademais parte da Área Estatística Metropolitana de Miami–Fort Lauderdale–Pompano Beach.

Durante un tempo, a principios da década de 1970 denominouse Costa Tropical (Tropical Coast), aínda que o termo non callou e non abranguía o mesmo territorio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Todo Treasure Coast está protexida do océano Atlántico por estreitos bancos de area e illas de barreira, que fan de pantalla para lagoas, ríos e baías. Nas terras inmediatas son abondosos os piñeiros das chairas e os palmeiros ananos americanos[1]. Numerosos lagos e ríos discorren por Treasure Coast, sendo ben coñecido o chamado Indian River, un brazo de auga salobre que forma parte do sistema da lagoa de Indian River. En certas estacións do ano, as pontes poden impedir o fluxo das algas vermellas de deriva, causando na área un cheiro a "ovos podres" polo sulfuro de hidróxeno. Treasure Coast está tamén bordeada pola parte atlántica do Canal Intracosteiro do Atlántico, unha estreita canle de navegación que se estende desde Brownsville, Texas a Boston, Massachusetts[2].

Ámbito administrativo territorial[editar | editar a fonte]

Treasure Coast
Estatísticas rexionais
Condados Indian River County
St. Lucie County
Martin County
Xentilicio Costatesoureiro (Treasure Coaster)
Superficie 4.627,3 km²
(pouco maior que Rhode Island)
Habitantes 586.414 habs. (2014)[3]
(pouco maior que Wyoming)
Densidade 126,72 habs/km²
Maior cidade Port Saint Lucie, Florida (171.016 habs.)
Maior área metropolitana Área Estatística Metropolitana de Port Saint Lucie, Florida (444.420 habs. en 2014)

Lamme e Oldakowski observaron que Treasure Coast comprendía a área ao norte do Condado de Palm Beach ata a Costa do Espazo (incluíndo os condados de Palm Beach, Martin, Saint Lucie e Indian River). Pero, tamén decatáronse de que o Condado de Palm Beach aínda formaba parte de Florida do Sur e da Área Metropolitana de Florida[4]. O Consello de Planificación Rexional de Treasure Coast, establecida en Stuart, emprega unha definición similar e ten xurisdición sobre eses catro condados[5].

Outras fontes exclúen tamén ao Condado de Palm Beach. Un estudo do Anthony J. Catanese Center for Urban and Environmental Solutions, pertencente á Universidade Atlántica de Florida, define Treasure Coast como unha subrexión dentro da máis ampla rexión económica de Florida do Sur, incluíndo neste territorio só aos condados de Martin, Saint Lucie e Indian[6].

Áreas metropolitanas[editar | editar a fonte]

Treasure Coast inclúe dúas áreas metropolitanas estatísticas, segundo a definición da Oficina de Administración e Orzamento (OMB), sendo empregadas para fins estatísticos pola Oficina do Censo dos Estados Unidos e outras axencias. Estas áreas son:

  • a Área Estatística Metropolitana de Port Saint Lucie, que abrangue os condados de Martin e Saint Lucie. A cidade de Port Saint Lucie é a principal deste área. Esta área estatística metropolitana bicondal foi designada por vez primeira en 1983 co nome de Área Estatística Metropolitana de Fort Pierce. En 1993, foille cambiado o nome para Área Estatística Metropolitana de Fort Pierce-Port Saint Lucie. Por fin, en 2006, Fort Pierce foi desprazada como a cidade principal da área e o nome cambiou novamente á actual designación.
  • a Área Estatística Metropolitana de Sebastian–Vero Beach, que ten a mesma extensión que o Condado de Indian River. Sebastian e Vero Beach son as súas cidades principais.

Poboacións[editar | editar a fonte]

Unha boa parte dos habitantes de Treasure Coast residen en lugares designados polo censo (CDPs, na terminoloxía técnica empregada), estando case todos eles dentro dos condados de Martin e Indian River. Só unha cidade de Treasure Coast supera os cen mil habitantes, Port Saint Lucie, no condado homónimo, segundo o censo do 2010. A relación das maiores entidades de poboación de Treasure Coast é a seguinte:

Así mesmo, os denominados "lugares designados polo censo" son os que seguen:

Historia[editar | editar a fonte]

A área foi habitada desde tempos antigos, pero como outras rexións vernáculas de Florida, o sentimento de identidade da poboación local co termo non emerxeu ata o boom de poboación do século XX. É unha das moitas rexións de "Costa" do Estado, como Gold Coast e First Coast[4]. O termo foi acuñado por John J. Schumann Jr. e Harry J. Schultz no xornal Vero Beach Press Journal pouco despois de que os salvagers (certo tipo de buques) comenzaran ir á busca do tesouro español fronte á costa no ano 1961[7]. O descubrimento do tesouro da Frota do Tesouro de 1715, perdido por mor dun furacán preto da Canle de Sebastian, foi dunha crucial importancia a nivel local e puxo a atención internacional sobre a área[8]. O editor Shuman e o redactor Schultz do Press Journal advertiron que non había un nome para a súa área, que se situaba entre a ben coñecida Gold Coast (ao sur, de Palm Beach a Miami) e a Space Coast (ao norte, no Condado de Brevard). Así que comezaron a referirse á súa rexión no xornal co nome de Gold Coast, o que tivo unha favorable acollida entre a poboación[7].

Aínda que algunhas empresas locais xa empregaban o nome desde 1966, a denominación foi introducíndose pouco a pouco. O Almanaque de Florida para 1972, editado polo Miami Herald, referiuse á área que se estende de Miami a Vero Beach como a Costa Tropical[7]. A enquisa de 1982 feita polos xeógrafos Lamme e Oldakowski sobre as rexións vernáculas de Florida, non incluíu Treasure Coast. Este traballo reflectiu que toda a área comprendida entre o Condado de Dade (agora chamado Miami-Dade), ao norte, ata o Condado de Martin se consideraba entón dentro de Gold Coast. Non obstante, outra enquisa dos mesmos autores en 2007 mostrou que nese momento Gold Coast apenas se limitaba aos condados de Miami-Dade e Broward, mentres que a rexión de Treasure Coast definía a área ao norte do Condado de Palm Beach. Lamme e Oldakowski observaron que nesa época Gold Coast adquirira connotacións pouco afagadoras. Por iso, suxeriron que as poboacións do norte deberon decatarse da necesidade de distinguirse de Gold Coast e de Miami para promocionar a zona como un destino diferenciado para os turistas norteamericanos e os residentes, contribuíndo á crecente popularidade de Treasure Coast como unha rexión vernácula[4].

Por fin, a Anthony J. Catanese Center for Urban and Environmental Solutions, da Universidade Atlántica de Florida, comprobou que Treasure Coast estaba crecendo notablemente na Florida do Sur, tendo moitos dos seus proxectos de desenvolvemento actuais e futuros ligados ao crecemento da Área Metropolitana de Miami[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Columbia Electronic Encyclopedia (2012). Columbia University Press, ed. "Florida. Geography" (en inglés). Consultado o 4-1-2016. 
  2. Waymer, Jim (2-7-2010). "Man on mission to sweeten smell of Indian River Lagoon". Burlington Free Press (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-04-2015. Consultado o 4-1-2016. 
  3. US Census Bureau (ed.). "State & County QuickFacts" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16-10-2012. Consultado o 24-7-2008. 
  4. 4,0 4,1 4,2 (Lamme & Oldakowski 2007, p. 331)
  5. Treasure Coast Regional Planning Council, ed. (2013). "About the Council". www.tcrpc.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22-03-2013. Consultado o 7-3-2013. 
  6. (Anthony J. Catanese Center 2006, p. 2-3)
  7. 7,0 7,1 7,2 (Treadway & 27-3-2011)
  8. "The storm that gave the Treasure Coast its name". The Miami Herald (en inglés). 10-6-1996. Consultado o 26-3-2012. 
  9. (Anthony J. Catanese Center 2006, p. 3)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias xornalísticas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]