Merengue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre o xénero musical e baile, para o doce véxase Merengue (doce).

O merengue é un estilo musical e de baile orixinado no caribe, especificamente na República Dominicana, contra finais do século XIX. Nos seus comezos, o merengue era interpretado con guitarras. Anos máis tarde, as guitarras foron substituídas polo acordeón conformándose, xunto coa güira e a tambora, a estrutura instrumental do conxunto de merengue típico. Este conxunto, cos seus tres instrumentos, representa a síntese das tres variantes que conformaron a idiosincrasia da música dominicana. A influencia europea vén a estar representada polo acordeón, a africana pola tambora (tambor de dous parches), e o aborixe pola güira.

Aínda que nalgunhas zonas da República Dominicana, en especial no Cibao e na Linea Noroeste, hai aínda conxuntos típicos con características similares aqueles pioneiros, este ritmo foi evolucionando durante todo o século XX. Primeiro, coa introdución de novos instrumentos como o saxofón e mais tarde coa aparicion de orquestras con complexas seccións de ventos. Este ritmo tivo actores notábeis como Luis Alberti, Johnny Ventura, Félix del Rosario, Wilfrido Vargas, Olga Tañón ou Juan Luis Guerra.