Reggaeton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daddy Yankee, unha das figuras do xénero

O reguetón ou reggaeton é un ritmo musical latinoamericano, influenciado polo hip hop de diversas zonas onde habitan latinoamericanos en Estados Unidos. Ten unha grande influencia doutros estilos da rexión, como a bomba, a salsa, a champeta, a cumbia, o vallenato e sobre todo o merengue house. Nace a partir das festas nas que o DJ puña a cara B instrumental dos vinilos de reggae, poñéndoos a 45 rpm en lugar de a 33, facéndoos máis movidos para se bailados[Cómpre referencia].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]