Florida Heartland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFlorida Heartland

Localización
Xeografía
Parte de

Mapa de Florida Heartland.
Distribución dos condados de Florida Heartland.

Florida Heartland é unha rexión vernácula de Florida, nos Estados Unidos, localizada ao norte e ao oeste do Lago Okeechobee, composta por seis condados de interior non metropolitanos: DeSoto, Glades, Hardee, Hendry, Highlands e Okeechobee. En 2000, a Oficina do Censo dos Estados Unidos determinou que a poboación da rexión ascendía a 229.509 habitantes. En 2010, o mesmo organismo elevouna a 253.399 habitantes, cunha taxa de crecemento do 11 %. O condado máis poboado da rexión é o Condado de Highlands e a maior cidade é Sebring. A diferenza das áreas costeiras limítrofes ao leste e ao oeste, a natureza rural de Florida Heartland achégaa culturalmente máis ao Sur Profundo que o resto da Florida peninsular e ten sido habitada tradicionalmente por americanos con devanceiros de orixe inglesa[1]. Aínda que situadas no Condado de Palm Beach, as próximas comunidades rurais de Belle Glade e Pahokee, localizadas na beira sueste do Lago Okeechobee, adoitan ser asociadas con Florida Heartland antes que con Florida do Sur.

Xeografía política[editar | editar a fonte]

Florida Heartland abrangue seis condados:

Opción política por voto rexistrado na enquisa anual de 2015[2]
Condado Sede do condado Hab. (2010) Área (en km²) Totais Demócratas Republicanos Outros Ningún
Condado de DeSoto Arcadia 34.862 1.655 14.786 7.140 4.449 243 2.954
Condado de Glades Moore Haven 12.884 987 6.252 3.135 1.991 180 946
Condado de Hardee Wauchula 27.731 638 11.157 4.868 4.480 235 1.574
Condado de Hendry LaBelle 39.140 1.190 16.376 7.895 5.434 277 2.770
Condado de Highlands Sebring 98.786 1.106 58.042 19.843 25.469 1.824 10.906
Condado de Okeechobee Okeechobee 39.996 892 19.007 7.999 7.152 635 3.221
Total 253.399 6.468 125.620 50.880 48.975 3.394 22.371
Estado de Florida 18.801.310 170.304 11.913.401 4.515.419 4.164.805 345.050 2.888.127

Cada condado da rexión ten un goberno condal propio. Dentro de cada condado existen tamén cidades e vilas autónomas. A maior parte da terra de cada condado é controlada directamente polo goberno do condado. É común para as municipalidades incorporadas contratar servizos do condado a fin de aforrar gastos e evitar servizos redundantes.

Municipalidades incorporadas[editar | editar a fonte]

Áreas metropolitanas e micropolitanas[editar | editar a fonte]

A Oficina do Censo dos Estados Unidos non determinou áreas estatísticas metropolitanas en Florida Heartland. Non obstante, a Oficina do Censo identificou cinco áreas estatísticas micropolitanas:

  • Área Estatística Micropolitana de Arcadia (condado de DeSoto)
  • Área Estatística Micropolitana de Clewiston (condado de Hendry)
  • Área Estatística Micropolitana de Okeechobee (condado de Okeechobee)
  • Área Estatística Micropolitana de Sebring (condado de Highlands)
  • Área Estatística Micropolitana de Wauchula (condado de Hardee)

Demografía[editar | editar a fonte]

A evolución demográfica en Florida Heartland a través dos seus condados é como segue:

Condado Habit.
(2010)
Habit.
(2000)
Habit.
(1990)
Crecemento
(2000–2010)
Crecemento
(1990–2000)
Condado de DeSoto 34.862 32.209 23.865 +8,2% +35,0%
Condado de Glades 12.884 10.576 7.591 +21,8% +39,3%
Condado de Hardee 27.731 26.938 19.499 +2,9% +38,2%
Condado de Hendry 39.140 36.120 25.773 +8,1% +40,5%
Condado de Highlands 98.786 87.366 68.432 +13,1% +27,7%
Condado de Okeechobee 39.996 35.910 29.627 +11,4% +21,2%
Total 253.399 229.209 174.787 +11,0% +31,1%
Estado de Florida 18.801.310 15.982.378 12.937.926 +17,6%% +23,5%

A distribución racial posta en relación cos ingresos medios por fogar no período 2008-2012 (en dólares) e a porcentaxe da poboación maior de 25 anos que ten un grao de "bachelor" ou superior, pódese ver no seguinte cadro[3]:

Condado brancos hispanos
latinos
afro-
americanos
ingresos
medios (en $)
estudos
superiores
Condado de DeSoto 55,4% 30,2% 13,3% 35.683 10,8%
Condado de Glades 60,6% 21,8% 13,5% 35.219 10,2%
Condado de Hardee 47,6% 42,9% 7,5% 36.115 8,7%
Condado de Hendry 34,5% 50,3% 13,4% 35.736 9,7%
Condado de Highlands 69,2% 18,2% 10,4% 35.350 15,2%
Condado de Okeechobee 64,0% 24,7% 8,9% 34.289 10,3%

Desenvolvemento económico[editar | editar a fonte]

A rexión e fundamentalmente de natureza rural, cunha economía primaria sustentada na agricultura. Producións importantes do sector primario son o cultivo de tomate, cana de azucre, cogombro e cítricos como a laranxa, ademais da comercialización da carne bovina. No Condado de Hardee a minería de fosfatos é unha industria substancial, particularmente na conca do río Peace.

Política educativa[editar | editar a fonte]

Cada un dos seis condados conta co seu propio consello escolar. En catro dos condados os sistemas escolares conteñen un instituto (high school), unha escola alternativa (alternative school) e non máis de dúas escolas de ensino medio (middle school). Por outra banda, o Condado de Highlands ten tres institutos, mentres que o de Hendry ten dous.

Os seis distritos escolares son membros do Consorcio Educativo de Florida Heartland[4], localizado en Lake Placid[5]. O Consorcio é un dos tres consorcios educativos existentes no Estado, creados polo corpo lexislativo estatal para proporcionar apoio aos pequenos distritos escolares rurais.

O South Florida State College, a institución de educación post-secundaria máis grande de Florida Heartland, localízase en Avon Park e conta con campus en Lake Placid, Bowling Green e Arcadia.

Outros colexios universitarios que contan con campus en Florida Heartland son o Indian River State College's, co campus Dixon Hendry Campus en Okeechobee, o Edison Community College de Fort Myers, co campus Hendry/Glades Center en LaBelle.

Transportes rexionais[editar | editar a fonte]

Estradas[editar | editar a fonte]

Non hai estradas interestatais en Florida Heartland. A autoestrada de peaxe Florida's Turnpike pasa polo extremo nordés do Condado de Okeechobee e inclúe unha área de servizo en Fort Drum, pero non conta con saídas ao longo dese segmento do percorrido. A Interestatal 75 transcorre brevemente polo extremo suroeste do Condado de DeSoto, pero tampouco conta con saídas.

Estradas federais na rexión:

Estradas estatais na rexión:

Aeroportos[editar | editar a fonte]

Non hai servizo de liñas aéreas regular en Florida Heartland. Os seguintes aeroportos de aviación xeral operan na rexión:

Portos marítimos[editar | editar a fonte]

Non hai portos marítimos posto que non hai costa mariña nin ríos navegables, pero o Okeechobee Waterway é unha canle navegable que cruza a rexión, conectando o golfo de México co océano Atlántico a través do Lago Okeechobee. Existe unha proposta para crear un "Porto de Interior" que se localizaría en Florida Heartland. Este porto de interior sería unha extensión dos portos de West Palm Beach, Everglades e Miami, que carecen actualmente de terreos nos que poidan ampliar as súas instalacións.

Ferrocarril[editar | editar a fonte]

Hai tres liñas de carga operando en Florida Heartland, con aproximadamente 300 quilómetros de percorrido: CSX Transportation, Seminole Gulf Railway e South Central Florida Express.

O servizo de Amtrak (a rede interurbana de trens de pasaxeiros) opera co sistema de vías de CSX Transportation, con paradas en Sebring and Okeechobee.

Turismo[editar | editar a fonte]

O turismo é un motor económico da rexión, pero lonxe da importancia que ten no resto do estado. O seu frouxo desenvolvemento e escasos servizos dan como resultado unha minguada cantidade de turistas, ao que non axuda non contar con praias que atraian a público das proximidades.

A maior atracción turística é o Circuíto Internacional de Sebring, ao sueste de Sebring no Condado de Highlands. Aquí ten lugar as 12 Horas de Sebring, unha carreira das American Le Mans Series que adoita celebrarse anualmente na segunda semana de marzo, atraendo a unha multitude de máis de 169.000 espectadores de pago en 2006[6].

Moitos residentes de temporada viven na área só durante os meses de inverno debido a que as temperaturas no sur de Florida son moi moderadas nesta época do ano. Os lagos Okeechobee e Istokpoga atraen igualmente a moitos pescadores.

Prefixo telefónico[editar | editar a fonte]

O prefixo telefónico da rexión (area code) é o 863.

Medios de información rexionais[editar | editar a fonte]

Xornais[editar | editar a fonte]

Hai tres xornais diarios que se publican en Florida Heartland: o Okeechobee News (Okeechobee), o The DeSoto Sun Herald (Arcadia) e o Highlands Today (Sebring). Outros xornais diarios que se distribúen na rexión son:

Cadeas de televisión[editar | editar a fonte]

Non existen cadeas locais de televisión en Florida Heartland. Os servizos de TV máis próximos xéranse en Fort Myers, Miami, Orlando, Tampa e West Palm Beach.

Cadeas de radio[editar | editar a fonte]

Nesta rexión operan as seguintes cadeas de radio:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Referencias xornalísticas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]