Super Bowl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do Trofeo Vince Lombardi, que acredita a un equipo da NFL como campión da Super Bowl.

A Super Bowl é o partido final da National Football League, principal campionato profesional de fútbol americano nos Estados Unidos, que enfronta aos campións da Conferencia Nacional e a Conferencia Americana. O partido dispútase o primeiro domingo do mes de febreiro e débelle o seu nome a Lamar Hunt, antigo propietario de Kansas City Chiefs, quen a chamou así despois de ver ao seu fillo xogar cunha pelota rebotadora.[1]

O primeiro encontro da Super Bowl xogouse o 15 de xaneiro de 1967 como parte dun acordo entre a National Football League e o outro campionato existente naquel tempo, a American Football League (AFL), para que os vencedores de cada competición xogaran un partido que decidira ao campión de Estados Unidos. Cando a AFL se integrou na NFL, cada liga converteuse nunha conferencia e o partido pasou a ser entre os seus campións. O equipo que máis veces gañou foi o Pittsburgh Steelers (seis ocasións), e tan só hai catro das 32 franquías da NFL que nunca xogaron a final.[2] O actual campión é o New Orleans Saints.

Á marxe do ámbito deportivo, a Super Bowl é unha das retransmisións por televisión máis vistas nos Estados Unidos cada ano. Moitos dos músicos máis famosos do país actuaron durante as cerimonias do inicio do partido e no descanso, a franxa publicitaria é a máis cara de todo o ano, e o día do partido (coñecido como "Super Sunday", Súper domingo) está considerado de feito coma unha festa nacional.[3][4] Os estadounidenses consumen máis comida e bebida durante o encontro ca en calquera outra data, agás o Día de Acción de Grazas.[5]

Récords[editar | editar a fonte]

Equipo[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

Ambos ostentan tamén o récord de touchdowns anotados durante unha Super Bowl.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]